Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Kiko da Silva

Inverno / inferno de lecturas

Imagen
Novembro e decembro foron de cómic no Club de Lectura. El invierno del debujante de Paco Roca e O inverno do debuxante de Kiko de Silva deron que falar. O primeiro deu para reflexionar sobre os dereitos de autor e a historia dos tebeos en España. O segundo achegou aos máis novos moitas referencias do xénero, como podedes ver na segunda imaxe. De case todas había algún libro na biblioteca; algúns tiveron sorte e foron ás casas polo Nadal... Boas lecturas, non esquezades que seguimos véndonos á volta!

Avisos 1 e 2: lectores/as e recitadores/as

Imagen
A primeira xuntanza da rapazada, o mércores pasado, deu tempo para pouco. Hoxe comezamos a concretar as ideas que parecían saír voando naquel encontro.  13 avisos e Nunca mascotas van dar moito de si, xa vos iremos contando. Pero algún alumno devoto de Paco Roca atopou nos estantes O inferno do debuxante , de Kiko da Silva, e deunos para falar dos dous autores e dos seus proxectos. Tamén sumamos dúas lecturas (case tres) para este outono que semella vir ilustrado e de medo...  Iniciáronse as convocatorias específicas, neste caso o CL de poesía volve facer das súas!