Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Vilariñas

Arredor das palabras

Imagen
Rematou o curso coa II Feira de Proxectos , que ademais foi unha Xornada de Portas Abertas. Entre os distintos proxectos que foron presentados ao público estaba 'Arredor das palabras' , espazo no que alumnado colaborador da biblioteca e algunhas profes dos departamentos de linguas amosaron as distintas posibilidades lúdicas e creativas da lingua e a literatura.  O alumnado colaborador recibe a un dos grupos de visitantes José Fernández fala dos certames de Microrrelatos e Vilariñas Nora Tomé refire en que consistía 'O meu metro cadrado' Elba Sanmartín explicou a actividade do Día da Ilustración Panel resumo das actividades de creación realizadas este curso. Foi un excelente escaparate de actividades tan exitosas este ano como os certames de Microrrelatos e de Vilariñas.  Vilariñas gañadoras do IES Poeta Díaz Castro E o próximo ano, máis lecturas e escrita! Lede e creade moito no verán, biblioguitiricenses 😆 Helena Hang Fernández Quintela, Marta Pumares e Sara Basanta...

Puxémoslle o ramo a maio

Imagen
  Quedaba despedir a tempada de  vilariñas , e para iso veu visitarnos o alumnado do IES Basanta Silva o día 30. Aquí tedes imaxes desa xornada. Alumnado de Vilalba e Guitiriz gañador do primeiro certame xuvenil de Vilariñas Outros momentos da entrega de premios e paso da rapazada de Vilalba pola nosa biblioteca Obradoiro de papel reciclado, fase 1. Materiais e explicacións (1ºBAC) Obradoiro de papel reciclado, fase 2. Coas mans na masa coa supervisión de María e Janaina  😏 Versos á carreira, en Sete Muíños Todo un éxito grazas ao alumnado de 4º da ESO de Guitiriz E, xa en xuño tivemos outra visita: o alumnado dos coles que para o ano estudará no noso instituto. Entre as actividades de acollida houbo tamén momentos poéticos: o alumnado de portugués fixo unha versión do teléfono estropeado con poemas , e na biblio houbo unha pequena exposición das vilariñas escolares feitas pola rapazada do CEIP de Lagostelle este ano. Atendendo ás indicacións previas ao xogo

Notan, Vilariñas e moito mais neste mes de abril.

Imagen
Notan. Dos haikus a expresión poética visual. Neste mes de abril, rebosante de actividade, presentamos a exposición coordinada pola profesora Silvia Vivero , na que o seu alumnado de Educ. Plástica 1º ESO , inspirado na obra de Xavier Seoane " A Pola Branca", crea coa técnica "Noten": recortando en branco e negro coas súas tesoiras, xogos xeométricos,  moi creativos  asociados aos micropoemas deste libro. Bo traballo artistas de 1º da ESO.!. Non esquezades visitar esta xoia visual e poética! Seguimos con mais cousas; As Vilariñas asolagan as aulas e a biblioteca escolar. Xa estamos recollendo nos grupos e na biblioteca as Vilariñas creadas polo alumnado do centro. Apurade os últimos detalles das vosas composicións. Pronto saíran cara Vilalba, para sorprender aos nosos veciños da biblio do IES Basanta Silva. Agardamos impacientes aquí os seus traballos. Atención! o prazo límite de entrega das Vilariñas e o 3 de Maio , pasade pola biblio para entregalas xunto c...