Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Donas de Si

Recuperando espazo

Imagen
Xa ía tocando que foran elas as que ocupasen os corredores. Aquí queda un pequeno recordatorio dalgunhas actividades que se desenvolveron este ano dentro do proxecta Donas de Si , de visibilización das mulleres. Como a ubicación de maioría delas foi no hall de entrada, e unha delas fíxose a rente de comezar o curso e outra ficou suspendida no tempo de confinamento, pódese dicir que elas abriron e pecharon o centro este curso académico. Exposición Día das Escritoras e proposta 'Dálles nome', en outubro de 2019 Baralla de científicas, material didáctico en inglés Visita guiada dun grupo de 2º ESO ao 'Dálles nome' En relación coa obra de África López Souto, As mulleres que (nos) dan que pensar :  Tendal de mulleres galegas destacadas en distintos ámbitos

Mulleres científicas e cuestionario para a visita

Imagen
Mentres o espazo da biblioteca segue reconfigurándose -xa queda pouco para disfrutar as novas instalacións, rapazada!-, aproveitamos para propoñervos unha visita á exposición dos Premios María Wonenburger   (proxecta Donas de Si) que estará no noso IES ata o día 7, na zona de acceso ao centro, no primeiro andar.   Sabíades que a matemática que lle da nome aos galardóns ten estado de visita entre nós hai anos?  Vide coñecer a estas científicas galegas! E non esquezades deixar o cuestionario cuberto en conserxería, para participar no sorteo!