FESTIVAL DE CINE
O luns 16 de novembro terá lugar a gala da entrega de premios das diferentes categorías do festival de cine OUFF Escola , dentro das actividades do XX Festival internacional de cine de Ourense . Nesta edición acadou récord de participación coa presentación de 126 películas realizadas por estudantes de centros públicos e privados de Galicia. O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas. Pois ala imos, xa que presentamos para este certame dúas pelis: o documental “ A lus do mundo ” e a peli “ Os camiños esquencidos ”. Non sei se teremos premio ou non, pero ninguén nos quita a ledicia de ter sido seleccionados e de asistir á entrega de premio...