CONCURSO COCACOLA
CONCURSO RELATO CORTO DE COCA COLA O venres pasado tocoulles ás alumnas de 2º ESO viaxar a Lugo para participar na 58ª edición do concurso de relato curto Coca Cola en castelán. Paula Balsa, Diana Balsa, Daniela García e Uxía Núñez foron á Facultade de Humanidades facer a proba acompañadas pola profesora de castelán Sandra Fernández. Nesta ocasión o motivo de inspiración da súa historia foi unha brúxula. Moita sorte a todas.