SIN DESTINO INRE KERTÉSZ Sin destino trasládanos á Hungría de 1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación completamente nova para el. Ata aquí Sin destino semella unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe de Gyürgy Küves, pero o que chama a atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista. Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que estivo era o de ser un bo preso. Ao longo da obra v...