DIARIO DE ALERTA I
Vivimos unha situación excepcional. Somos @s protagonistas dun momento histórico. Dende a Biblioteca do IES Díaz Castro e o Club de Lectura Bibliolandia facémosvos un par de propostas para estes tempos difíciles. A primeira é que vos animedes a escribir un diario persoal en relación co que está a pasar ('Diario de alerta'). A segunda, que rastrexedes nas redes para atopar obras (literarias ou cinematográficas) que conten experiencias de illamento semellantes. Non pensedes só nas epidemias e enfermidades, ampliade horizontes e animádevos a facernos chegar as vosas propostas ao correo ou a través dos vosos comentarios. Hoxe lanzámosvos cinco referencias ben diversas, ata nas linguas en que volas achegamos. curioseade: Diario de Ana Frank La peste , Albert Camus A neve interminable , Agustín F. Paz A metamorfose , Franz Kafka Twelve angry men (1957): tráiler e versión teatral (tamén podedes ato...