Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Club de lectura de poesía

Rosalía inspíranos na chaira

Imagen
O venres celebramos a Rosalía cun recitado de poesía , onde os seus versos dialogaron con outras voces poéticas contemporáneas: Ana Romaní, Luísa Villalta, Thamizhachi Thangapandian e Manuel María.     Grazas poetas (Olalla, Izan, Nora, Juan, Paula, Nerea, David, Danny, Aroa, Darío e Mencía)! Agora tócavos coller a palabra! Volve por terceiro ano a actividade de escrita compartida co IES Basanta Silva de Vilalba. Desta vez, a modo de quedadas literarias entrecruzadas.   Vide á  biblio  para saber máis, consultade as bases, e... animádevos a participar! A inscrición está aberta ata o 6 de marzo , veña que voa... En breve, máis poesía e máis lecturas!

Bos amores

Imagen
              ...vide poetizarvos ata o 23 de febreiro! Dende onte ata o Día de Rosalía, todos os recreos hai actividade poética na biblio. Para @s máis refractari@s á literatura hai unha oportunidade única na zona de plaxio ! Se tedes un nivel medio de tolerancia a lírica e sodes emprendedores/as, achegádevos aos versos soltos (e libres) para facer a vosa propia creación.  E ben, se o voso é amor á arte do recitado , a próxima semana estaremos ao voso dispor para as gravacións co croma...  non esquezades escoller un poema apaixoante!   Por agora, deixamos testemuño do que se anda cocendo nestes obradoiros, grazas ao alumnado do Club de lectura de poesía e outras colaboradoras . . . 

Todo comeza antes de Nadal...

Imagen
                      ...compartindo lecturas e versos de poetas! Fica aquí breve memoria do mapa de xuntanzas do Club de Lectura nestes días de intensa actividade prevacacional, e iso que non nos deu tempo a todo! A rapazada que está a ler La catedral xuntouse onte no segundo recreo para falar desta novela de intriga, pero haberá unha segunda parte á volta, en xaneiro. @s máis nov@s tiveron un tempo de lecer inesperado para ler historias ilustradas , houbo quen se animou a contarlle a súa ao resto do grupo, con algunha axudiña... Lectura teatralizada de Frédérick , o rato poeta E como non, @s poetas manifestáronse de novo este luns, e en dobre xornada: no primeiro recreo lendo poemas e definindo a poesía, esa dona esvaradía da literatura; xa pola tarde, en horario extraescolar, o alumnado de 1º BAC levounos polo Guitiriz de Díaz Castro, exercendo de magnífic@s guías do roteiro 'A fábrica de poetas'. @s nos@s guías ant...

Xa renxen as engrenaxes lectoras!

Imagen
  O Club de Lectura  arrinca con catro modalidades... ;-) @s lectores/as fómonos encontrando na biblio estas semanas, para coñecérmonos e acordar a organización en cadansúa sección.  A modalidade de misterio e intriga comeza con  La catedral de Cesar Mallorquí. O Club de lectura de poesía xuntouse o pasado xoves para poñer en común propostas. Aquí nos tedes, dirimindo o xeito de encher de poesía as nosas vidas... e o centro 😼 O grupo de lectura da FP Básica está dándolle ás historias de Bestiario do vestiario , de Martiño Suárez. Agardamos as súas propostas para ler algo @s demais. E outra das nosas novidades deste curso, a sección de adult@s, xa tivo unha reunión para coñecerse, poñer en común lecturas e outras experiencias. Foi o 14 de outubro, á tardiña. En decembro comentaremos Presas fáciles , de Miguelanxo Prado e algúns relatos de Instrucións para tomar café , de Manuel Núñez Singala.  Sesión inicial da sección de adult@s. Embaixo, selecta de exemplare...

Peche dos Clubs de Lectura

Imagen
... ata o vindeiro curso. Fomos adiando a xuntanza por exames (😱) e saídas (😃) pero ao final cadramos a primeiros de xuño para falar do que cadaquén leu pola súa conta este trimestre, do que imos facer / ler no verán... e para poñer en común Be Water , que aínda estaba agardando no caixón a súa oportunidade... Isto @s máis nov@s, porque o alumnado da sección de poesía na súa maioría xa andaba noutra lea: preparar as ABAU. Antes de marcharen, fixemos unha última actividade moi creativa! Maio 2021, creación colectiva inspirada nos tres primeiros versos dun poema de Tigres coma cabalos Que? Gustouvos? Pois xa sabedes... vémonos á volta das vacacións, na biblio, coma sempre.

Xeografía poética contemporánea

Imagen
Decembro de 2020:  mes complexo, rebordando probas e traballos para entregar... semellaba que non quedaba osíxeno para respirar. Pero sempre hai oco para a poesía : nesta ocasión no club de lectura de BAC fixemos unha improvisada antoloxía de textos breves , escollidos destas obras de referencia que vos deixamos na imaxe. Botádelles un ollo... seguro que atopades versos ao pé dos que abrigarvos nestes tempos difíciles, como fixemos nós. Foi fai un mes, o 21 de decembro, na biblio, coma sempre, cando as candeas xa alumaban anunciando días de lecer e aínda sen saber que Xela Arias ía ser a protagonista do Día das Letras 2021... Logo volveremos a erguer as nosas voces, neste camiño poético 😏 E máis nestas datas, coas farolas de Guitiriz inzadas de poesía, grazas á Nova Poesía Guitirica!