Xa renxen as engrenaxes lectoras!

 O Club de Lectura arrinca con catro modalidades... ;-)

@s lectores/as fómonos encontrando na biblio estas semanas, para coñecérmonos e acordar a organización en cadansúa sección. 

A modalidade de misterio e intriga comeza con La catedral de Cesar Mallorquí.

O Club de lectura de poesía xuntouse o pasado xoves para poñer en común propostas.

Aquí nos tedes, dirimindo o xeito de encher de poesía as nosas vidas... e o centro 😼

O grupo de lectura da FP Básica está dándolle ás historias de Bestiario do vestiario, de Martiño Suárez. Agardamos as súas propostas para ler algo @s demais.

E outra das nosas novidades deste curso, a sección de adult@s, xa tivo unha reunión para coñecerse, poñer en común lecturas e outras experiencias. Foi o 14 de outubro, á tardiña. En decembro comentaremos Presas fáciles, de Miguelanxo Prado e algúns relatos de Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala. 

Sesión inicial da sección de adult@s. Embaixo, selecta de exemplares da biblio recomendables

Por agora, isto é todo, amig@s!

Comentarios