Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

KPACES creativos en Parga

Imagen
KPACES CREATIVOS  OBRADOIRO no  CEIP Santo Estevo de PARGA. O biblio equipo KPACES creativos de 1º da ESO,  levou o seu obradoiro creativo de FANZINE ao cole de Parga. A finalidade principal, visitar aos nosos veciños de Parga e xa de paso, pasar unha mañá xuntos creando. O alumnado da bilioteca do Poeta Díaz Castro, mudou a perfil monitor con todas as responsabilidades que iso acarrea e puxo a andar un obradoiro triple de fanzines creativos; emocianal, educativo e conto. Traballaron moito,  monitores e rapazada de Parga, descubrimos verdadeiros artistas; escritoras, deseñadoras e conta contos express. Velaí tedes exemplo dalgúns dos moitos traballos desta xornada. Grazas por acollernos!. Volveremos con novas ideas!.