Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Premios

Todos os camiños levan a Vilalba

Imagen
Despois das convocatorias, veñen os premios ! E para dalos, houbo que xulgar as historias . Un motivo máis para encontrármonos na biblio... O martes 24 fíxose público o dictame dos xurados. Aproveitamos os microrrelatos que entrecruzamos co IES Basanta Silva para ir aló, entregar e recoller galardóns. Recibíronnos cun acto moi chulo, no que o alumnado do grupo de apoio á comunidade LTGBIQ+, "Malas herbas " leu un manifesto, e tamén houbo actuacións musicais e recital poético.  Velaí o alumnado e profesorado de Guitiriz que gañou algún premio, máis figurantes A rapazada de Guitiriz e Vilalba, ademais tivo ocasión de participar en varios obradoiros esa mañá, grazas á colaboración do alumnado de BAC do IES Poeta Díaz Castro. Toda unha experiencia... de libro! A Sabela, da biblioteca Agustín Fernández Paz, debémoslle esta pequena mostra   do que foi aquilo.   "Quen son?", obradoiro de linguaxe inclusiva "Zona de plaxios", obradoiro de recreación literaria ...

PREMIO OUFF ESCOLA

Imagen
Estamos de sorte, “ Algo pasa en Guitiriz ” levou o segundo premio no Festival OUFF Escola de Ourense.  Presentáronse máis de 70 traballos e despois de ver  a calidade dos finalistas estamos mías que satisfeitos de ter acadado este segundo premio. Satisfeitos xa estábamos polo que aprendemos facendo o traballo e polo ben que o pasamos, pero se ademais o traballo vese recoñecido con premios mellor que mellor.  A gala de entrega foi moi entretida e como xa dixen antes os videos finalistas están moi moi ben. Pol tarde, xa mais relaxados, aproveitamos para achegarnos ao PACC (Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las) onde comemos e, da man dos seus magníficos guías, aprendemos moito da cultura castrexa e tamén algo sobre a caza a prehistoria ou sobre como prender lume  sen mistos nin chisqueiro. Unha visita moi recomendable. Aqui tedes un resumo da xornada
Imagen
Este venres estivemos en Compostela na entrega de premios do Booktrailer film festival e así de contentos recibimos o premio na categoría de “Experiencias didácticas” por “Algo pasa en Guitiriz” E así o celebramos, cun xeado, que ía moita calor Gracias ao CPI O Cruce por contar con nos.

DESPEDIMOS O 2015. BO ANO PARA O CENTRO

Imagen
O venres 18, último día de clase do ano 2015, xuntámosnos no salón de actos profesorado, alumnado, pais e nais para recordar os traballos realizados estes anos e que nos levaron a ganar o " Premio Nacional al desarrollo de dompetencias de lectoescritura e audiovisuais"  2015. Tratábase tratábase de celebrar con toda a comunidade educativa de Guitiriz este premio que non cae todos os anos. Estiveron con nos os da Fundación TIC de Lugo que gravaron parte do acto. Aquí o tedes: Pero ese día non nos limitamos a recordar o que xa fixemos. O alumnado de 4ºESO presentou un traballo audiovisual creado na aula de música, sobre a figura de Manuel María, Letras Galegas 2016. A música, composta pola súa profesora Sandra Tenreiro, esta interpretada polo alumnado que foi quen se encargou tamén de gravar as imaxes.

UN DÍA DE PREMIO

Imagen

PREMIOS PREMIOS

Imagen
MENUDO DÍA Saímos pola mañá cargados de ilusión cara a Ourense á entrega dos premios OUFF ESCOLA do Festival Internacional de Cine OUFF OURENSE. É as nosas ilusión vironse sobrepasadas polo que alí pasou. Pois si, a nosa peli “O camiños esquencidos” foi galardonada co PRIMEIRO PREMIO . Gritos, alegria, aplausos, fotos... Non acababamos de celebrar o galardón cando nos chega dende o insti unha nova... que non era broma, que iba en serio... SOMOS. .. PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES YEAH!!!!