Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Soldados de Salamina

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO : Soldados de Salamina AUTOR : Javier Cercas EDITORIAL : Tusquets Editores Soldados de Salamina relata a historia dun personaxe importante da Falanxe, o poeta-escritor, Rafael Sánchez Mazas, que viviu o final da guerra un episodio un tanto peculiar, salvouse de ser fusilado polo bando republicano cerca da fronteira con Francia, en Cataluña, despois de pasar un tempo encerrado nun barco reconvertido en prisión. Tras salvarse grazas á misericordia dun dos milicianos, o cal lle permitiu fuxir, sobreviviu nos arredores de Banyoles grazas á familia Ferré e máis tarde grazas a tres soldados desertores do bando republicano que se escondían no mesmo lugar ca el. Sánchez Mazas non tardou en ser rescatado polo exército rebelde, e tras o final da guerra dedicouse á política, campo no que fracasou, aínda que acabou vivindo confortablemente como herdeiro dunha fortuna.           Este libro está dividido en tres partes diferenciadas. ...