contra a violencia de xénero
MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. O pasado 25 de novembro atopabamos unha razón estupenda para baixar a tocar ao hall do centro no recreo; arroupar coas nosas voces a interpretación da estrea de "Néboa" un tema de loita contra a violencia de xénero , composto integramente pola nosa profesora Sandra Tenreiro . Que mellor forma de celebrar a Semana da Música , utilizando a forza expresiva desta linguaxe, para enviar unha mensaxe importante, aínda que mellor que contarvos de que vai este tema, convidámosvos a escoitar a historia dunha muller que decidiu cambiar a súa vida: "Botarei de novo a andar cara un lugar, onde o vento pase acariñándome. Buscarei esa quentura do fogar, para derreter xeadas interiores".