Preparadas, cámara, acción! .
Preparadas, cámara... Acción! A perspectiva de xénero detrás da pantalla. O pasado venres, fomos convidados a participar no obradoiro dirixido por Ainhoa Martínez Álvarez;"Preparadas, cámara, acción!! na Biblioteca Casa Habanera do noso concello, dentro do programa Ler Conta Moito. Un grupo de biblio usuarios do Poeta Díaz Castro, fomos os elexidos para participar, xa que o aforo era limitado. O obxectivo principal; identificar a perspectiva de xénero na gran pantalla. Tras unha reflexión sobre as películas que coñecíamos...Protagonistas, historia que se narra, papeis das mulleres no cine, diante e detrás das cámaras. Logo, tocaba traballar cos guións e identificar nos diálogos os textos que empoderan o papel da muller no cine ou pola contra a plasman en roles femininos ou en papeis secundarios, subordinados a unha figura principal masculina. Aquí deixamos unhas fotos traballando nos guións. Finalmente, chegaba o mellor do proceso;...