Día do Libro Infantil e Xuvenil

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen . Todos os anos a OEPLI (Asociación Española Para o Libro Infantil e xuvenil) encarga a un un debuxante un cartel para anunciar o día e a un autor un manifesto en prol da lectura para ler en público Este ano foi a escritora estonia Aino Pervik a encargada de redacta o Manifesto pola lectura. O cartel é do artista Jüri Mildeberg . Aquí o tes o cartel e o texto que se lerá en todas as bibliotecas o día 2 de abril. O libro lembra “Cando Arno chegou á escola co seu pai, as clases xa comezaran.” No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953). “Primavera” narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finai