Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Xela Arias

Fomos ao festival... de poesía!

Imagen
Pois si, foi o peche estelar do curso, poeticamente falando, ser teloneir@s do Iº Festival de Poesía Guitirica ... o alumnado de 3º e 4º ESO achegouse na mañá do venres 11 de xuño ata a Casa Habanera para visitar a exposición de Xela Arias, e tamén para recitar os seus versos e mesmo interpretar algún musicado. O escenario non podía ser máis acaído! 3º ESO A coa profe de música, interpretando un poema de Xela Arias 4º ESO, entre poemas de Denuncia do equilibrio e as súas mensaxes secretas.... Así cantamos coma trobadores polas prazas e rúas de Guitiriz, non houbo mascarillas que calasen as nosa voces e recitados.                    Interpretando poemas de Xela Arias  e Manuel María E para o ano, contamos estar xa na sección oficial do festival, somos poetas!

Peche dos Clubs de Lectura

Imagen
... ata o vindeiro curso. Fomos adiando a xuntanza por exames (😱) e saídas (😃) pero ao final cadramos a primeiros de xuño para falar do que cadaquén leu pola súa conta este trimestre, do que imos facer / ler no verán... e para poñer en común Be Water , que aínda estaba agardando no caixón a súa oportunidade... Isto @s máis nov@s, porque o alumnado da sección de poesía na súa maioría xa andaba noutra lea: preparar as ABAU. Antes de marcharen, fixemos unha última actividade moi creativa! Maio 2021, creación colectiva inspirada nos tres primeiros versos dun poema de Tigres coma cabalos Que? Gustouvos? Pois xa sabedes... vémonos á volta das vacacións, na biblio, coma sempre.

Axelándonos con apertas e mensaxes secretas

Imagen
Non ía quedar  Xela Arias  sen a nosa homenaxe, xaora. Por agora andamos apertando versos de Denuncia do equilibrio e descubrindo mensaxes secretas que deixou neles...  mais non quedará aí a cousa, non . Isto é o comezo dunha vertixe creativa! Deixamos tamén hoxe a intervención de Antía Morandeira alumna de 2º de Bacharelato  coa a súa adaptación do relato " Na oficina de obxectos perdidos do libro "Made in Galiza, de Sechu Sende , co que nos invita a COIDAR da nosa lingua.

Clubs de lectura diversos

Imagen
A andaina de lecturas e postas en común segue aos poucos. A sección de poesía (alumnado de BAC) tivo unha reunión o 12 de marzo, na que se cuestionou que era poesía e que non, ademais de achegarse á obra de Xela Arias .   Este ano o departamento de inglé s, entre outras actividades dinámicas nos recreos, promoveu un clube de conversa  para alumnado e profesorado sobre distintos aspectos da cultura da India , de onde vén Prachi, a auxiliar de conversa. Entre outras cuestións abordouse a situación da muller, as crenzas e tradicións, o sistema de castas, a arte (danza, arquitectura, música...) e mesmo se puxo en relación a Rosalía de Castro e a Rabindranaz Tagore... Canto proveito tiramos destes pequenos tempos de lecer! Distintas sesións do clube de conversa en inglés. Grazas Prachi e Sabela 😄, por achegarnos á India E isto non é todo, amig@s... xa vos iremos contando, que vén maio de versos cuberto! 

Xeografía poética contemporánea

Imagen
Decembro de 2020:  mes complexo, rebordando probas e traballos para entregar... semellaba que non quedaba osíxeno para respirar. Pero sempre hai oco para a poesía : nesta ocasión no club de lectura de BAC fixemos unha improvisada antoloxía de textos breves , escollidos destas obras de referencia que vos deixamos na imaxe. Botádelles un ollo... seguro que atopades versos ao pé dos que abrigarvos nestes tempos difíciles, como fixemos nós. Foi fai un mes, o 21 de decembro, na biblio, coma sempre, cando as candeas xa alumaban anunciando días de lecer e aínda sen saber que Xela Arias ía ser a protagonista do Día das Letras 2021... Logo volveremos a erguer as nosas voces, neste camiño poético 😏 E máis nestas datas, coas farolas de Guitiriz inzadas de poesía, grazas á Nova Poesía Guitirica!