Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como poesía

"A Química do Nadal" Concurso de Poesía e de Postais de Nadal

Imagen
"A Química do Nadal" Rematamos o mes de decembro coa realización de dous concursos na nosa biblioteca: CONCURSO DE POSTAIS de Nadal e o CONCURSO DE POESÍA de Nadal , ambos cunha difícil temática en común “A Táboa Periódica” da que conmemoramos no 2019 o seu ano internacional . Os alumnos tiñan o reto de escribir un poema que combinase o espírito do Nadal e os elementos químicos, tamén os debuxos creados para as postais do nadal, tiñan que representar dalgún xeito a asociación á táboa periódica. Aquí deixamos algun video e as fotos dos traballos expostos. Donde se atoparán os ganadores deste ano? Postais creadas por alumnado de 1º ciclo   Postais creadas por alumnado de 2º ciclo e bacharelato                                                   Foi unha aventura entrar neste mundo de ciencia, luces de neón, aluminio, carbón...

LETRAS GALEGAS 2018

Imagen
LETRAS GALEGAS 2018 NO IES POETA DÍAZ CASTRO POESÍA E MÚSICA PARA A FESTA DAS LETRAS O alumnado do centro celebraba cun improvisado escenario no patio, a festa das Letras galegas 2018. Varios alumnos desde 1º da ESO ata Bacharelato, recitaron poemas, de Rosalía de Castro, Manuel María e María Victoria Moreno. Algúns dos alumnos que recitaron  foron tamén finalistas no centro, para concursar no certame "Rosalía sempre viva" en Outeiro de Rei. O acto foi animado pola participación do alumnado de música, coordinados e dirixidos pola profesora Sandra Tenreiro Doldán.   Os rapaces  interpretaron temas inéditos como o titulado "Din de nós " , creado polo alumnado de bacharelato.  Foi tamén unha xornada de acollida, xa que tivemos a visita dos alumnos de primaria, futuros alumnos de ESO. Coñeceron o centro, guiados polos nosos alumnos e cantaron con nós, para pechar o acto. Grazas a todos por facer posibles xornadas como estas....

ROSALIA SEMPRE VIVA

Imagen
Finalistas no Concurso de Recitado Poético ROSALÍA SEMPRE VIVA 2018. O pasado 10 de marzo, as catro alumnas finalistas do IES POETA DÍAZ CASTRO, recitaron a Rosalía de Castro e Manuel María na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, participando con numerosos rapaces que viñan de centros de toda Galicia no CONCURSO DE RECITADO POÉTICO , " ROSALÍA SEMPRE VIVA" 2018.  Deixamos un pequeno video para que disfrutedes da intervención das nosas alumnas. Parabéns as nosas alumnas polo seu esforzo e superación. Na foto as rapazas finalistas: Laura Filgueiras, Carla Calvo, Mónica Filgueiras e Andrea Pérez. Recitado no insti para elexir aos finalistas

RECITANDO POESÍA

Imagen
O sábado 18 acudimos ao concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva” convocado pola Casa Museo de Manuel María. Antes fixemos na biblioteca un “miniconcurso” de recitdo para escoller aos nosos representantes. Quedamos sorprendidos pola cantidade de alumnas, e tamén algúns alumnos, que se animaron a recitar. A escolla non foi doada. Ao final foron a Laura Filgueiras e Irea Calvo a escollidas na categoría de secundaria e Alba Morado e Andrea Teijido nas de Bacharelato.  E xa que mañá é o día da poesía nada mellor para celebralo que ler e escoitar poesía

MOITA POESÍA, MOITA DIVERSION

Imagen
O pasado 8 de marzo estiveron connosco  María Lado e Lucía Aldao co seu espectáculo “Moita poesía e pouca diversión”. Gustou, moito,  moito. Ademais incluso apreciamos como dende a escola  podemos contribuír a formar poetas, si si, podedes velo  no segundo vídeo. Pero se os números crean vocacións literarias non hai problema pois xa temos sintagmas, morfemas, anáforas e  os mil usos do “se” para afogalas. Vale, vale e para asegurarnos que os alumnos miren cara adiante, ao futuro, nada como unha clase de historia. SEN ÁNIMO DE OFENDER

DÍA DA POESÍA

Imagen
Con algo de retraso celebramos o día da poesía. O mellor para rematar un trimestre de duro traballo. Ao longo da mañá un grupo de alumnas e alumnos do 2º ESO foron repartindo poesía, lendo e recitando por todo centro; polas aulas, a cafetería, secretaría, a biblioteca... Aquí te pillo, pois toma poesía. Non quedou clase, hora e rincón sen o seu poema. En galego, en castelán, en portugués, en inglés, en francés. 

PREMIOS DE POESÍA

Imagen
II CONCURSO DE POESÍA INFANTIL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL “NADAL 2014” Noraboa aos tres gañadores do concurso convocado pola Biblioteca Municipal de Guitiriz: Noemí Miraz, Andrea Pérez e Alberto Fraga , os tres de 2º ESO A. Seguro que os seus profes de lingua e lengua e o seu titor están moi contentos.  Os premiados no concurso local pasarán a participar na fase provincial organizada pola Biblioteca Pública Nodal de Lugo.   Aquela vez que te coñecín foi a noite de Nadal. Eras aquel galopín que me facía resoplar. Cun pequeño tilín convidáchesme a cear, con aquel violín e panxoliñas para cantar. Contentita adormecín para cos reis me encontrar pero pensando en ti eime de despertar. Noemí Miraz Vázquez, 2º ESO A 1º PREMIO Non só son caixas decoradas, son soños e ilusión; non só son luces e adornos, son reencontros; non só son luces e turrón, son amores e paixón. Andrea Pérez Calvo 2º ESO A 2º PR...

OBRADOIRO DE POESÍA

Hai xa case un mes que estivo con nos Dores Tembrás, filóloga e escritora galega, para adentrarnos na cociña da escritura e argallar nas entrañas da palabra, das palabras pequeniñas e cotiás, explorando as súas potencialidades emotivas, esas que as conectan co noso mundo máis íntimo e que transforman a realidade na "nosa" realidade, a máis persoal, a intransferible, nunha realidade única. Con Dores Tembrás viaxamos ao mundo do sensible, ao mundo da creación poética. Unha experiencia moi interesante co alumnado de 1º e 2º da ESO que, entre outras cousas, permitiunos recordar que a "inspiración" só nos asalta cando estamos traballando. Se queresde ver algúns froitos do obradoiro premede aquí .