Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Be Water

Peche dos Clubs de Lectura

Imagen
... ata o vindeiro curso. Fomos adiando a xuntanza por exames (😱) e saídas (😃) pero ao final cadramos a primeiros de xuño para falar do que cadaquén leu pola súa conta este trimestre, do que imos facer / ler no verán... e para poñer en común Be Water , que aínda estaba agardando no caixón a súa oportunidade... Isto @s máis nov@s, porque o alumnado da sección de poesía na súa maioría xa andaba noutra lea: preparar as ABAU. Antes de marcharen, fixemos unha última actividade moi creativa! Maio 2021, creación colectiva inspirada nos tres primeiros versos dun poema de Tigres coma cabalos Que? Gustouvos? Pois xa sabedes... vémonos á volta das vacacións, na biblio, coma sempre.

Xaneiro de mulleres

Imagen
O Clube de Lectura dos máis novos retomou a actividade á volta do Nadal, para falar de Rosa Parks e outras personaxes representativas da loita polos dereitos civís nos EEUU. A excusa foi O autobús de Rosa , que nos permitiu facer unha viaxe no tempo ata a década dos 50 do pasado século... pero tamén achegarnos á actualidade no mundo, por desgraza. Aquí podedes vernos en acción. Como nos deu para dúas sesións de comentario, na segunda delas xuntamos varios materiais (case un cofre do tesouro ... 😉) e xa botamos man da que vai ser a nosa seguinte lectura: Be water , de Antía Yáñez. Igual se anima alguén que participou na charla que deu a autora na súa visita de decembro a virnos contar algo máis desta historia... estades tod@s convidad@s , coma sempre!  Tamén neste mes conmemorouse o Día da Ilustración , que rescatou a figura de Lolita Díaz Baliño, polo que aproveitamos para difundir a súa figura, e tamén a doutras mulleres galegas destacadas no ámbito das artes plásticas, cunha p...

DIARIO DE ALERTA VI

Imagen
Facemos esta nova entrega mentres todo son contas ... dos días que levamos ao lombo na casa, do que falta para volver saír á rúa, dos eventos que non tiveron lugar, do que queremos e non podemos facer... E despois de tanto número, toca  mergullarse nas letras outra vez, porque nelas sempre muda o conto . Aquí queda este novo feixe de historias, tan ao xeito para estes tempos. Joyeux Noël , Cristian Carion O nome da rosa , Umberto Eco La voz dormida ,  Dulce Chacón When the wind blows , Raymond Briggs E ben, este cabalo-trampa remítenos a unha guerra mítica, con asedio incluído, por suposto. De que cidade ?