Vidas, amores, convites...
...todo isto só pode ser un Club de Lectura, claro. Neste caso, a sección de adultas aplicouse a fondo, como podedes ver nesta foto da sesión do 3 de marzo. Houbo unha papatoria moi do tempo, grazas a unha das nosas lectoras, pero non quedaron sen debullar as obras propostas, que nesta ocasión non nos encheron de todo o ollo. Igual eran algo densas de máis para o Entroido... calidade no relato e no contido, sen dúbida, pero faltoulles certo atractivo para botarlles o dente. E aínda houbo máis: comezamos a sesión facendo plaxios poéticos, na zona habilitada ao efecto, e lendo unha breve composición ('Nadadora' de Concha Méndez), que nos cadraba moito coa referencia á vida das mulleres na II República, tan presente na obra de Mª Xosé Queizán. As seguintes lecturas que imos facer son Pretérito imperfecto , de Minerva Varela (unha ex alumna do centro, por certo) e Noites de safari , de Marleen Malone. Desta volta alixeiramos algo a maleta lectora, agora...