Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como samain

SAMAÍN

Imagen
Un ano máis  o Samín máis chegou a nosa biblioteca  cheo de cabazas e libros

SAMAIN 2012

Imagen
Outra vez!. Todos os anos o mesmo. A o 31 de outubro a biblioteca énchese de tipos raros. Mentres veñan a ler non pasa nada, pero é que deixan todo feito un asco: teas de araña, bichería de todo tipo, fluídos noxentos… Algún non quere marchar. Claro mellor aquí que so e aburrido no seu cadaleito. Ademais alí aínda non chegou internet. Para ver máis fotos pincha aquí Musica de   Gwendal Tema; Jackson mornisng, do disco Irish Jig

Libros perdidos

Imagen
Ó final algo tiñan que facer no Samain. Xa vos dixen que este ano non revolveron demasiado, pero non poden resistirse a facer algunha das súas. Desta vez agocharon algúns libros. Pero non foi difícil dar con eles xa que contamos cunha boa axuda (Gracias a Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes a que copiamos sen pudor o xogo de pistas "na procura dos libros pohibidos)

SAMAIN

Imagen
Este ano tomamos precaucións. É que hai algúns que non poden deixar de ler nin despois de mortos. Por nos estupendo, que se matriculen e fagan o carnet. O problema é que nesta noite o deixan todo revolto, cheo de babas noxentas, arañas… e logo hai que limpialo. Pero este ano estábamos ben pertrechados cunha boa colección de cabazas para asustalos a eles Pero nin con esas. Se ve que xa están moi curtidos. Mirade como quedou a biblioteca Polo menos desta volta non fixeron moito rebumbio e incluso no deixaron unha selección das súa lecturas preferidas. Todas noxentas, “nejras”, sanguentas… xa se sabe como son. Parece que algún deu a nota e xa vedes que estes non se andan con chiquitas Son un pouco duros, pero non lles fata razón. Mangar un libro nunha biblioteca e algo estúpido (para que o vas mangar si o podes levar prestado), pero inda por riba deixalo sin ler… iso e inadmisible. Que sirva de exemplo. (Creo que de todos xeitos no lle importou ...