Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como microrrelatos

Partiu!

Imagen
Peche das actividades do Club de lectura deste curso:  - Últimas lecturas: microrrelatos gañadores locais O mércores 5 de xuño léronse os microrrelatos de Guitiriz que obtiveron un accésit nalgunha categoría O venres 7 de xuño tocoulles a quenda aos textos gañadores nas tres categorías e ao "Relato de taller" - Panel resumo da actividade e miniobradoiro de escrita creativa na feira de proxectos do centro Por suposto, as nosas autoedicións dos relatos deste II Certame de microrrelatos "Co medo no corpo", estiveron presentes nese espazo. E para persoas con menos ímpeto lector, alí estaban tamén os boletíns de textos gañadores dos dous centros... non hai escapatoria que valla! - Xuntanza da sección de adultas: e nesta última semana de xuño tivemos o faladoiro ( Contármonos ,  Las hijas de la criada  e  As alumnas )   de fin de curso. No verán viaxaremos polas páxinas de La comunidad de Helene Flood e O perfume , de Patrick Süskind, entre outras aventuras lector...

Érase un club de lectura dirimindo

Imagen
Así andamos, super atarefad@s nos recreos para ver de elixir as mellores historias de terror e identidade de Vilalba . Tivemos que establecer orde e concerto porque non collía tanta rapazada que quixo participar como xurado.  Alumnado xuri correspondente á categoría B (de 15 a 18 anos) Alumnado xuri correspondente á categoría A (ata 15 anos) Xa queda pouco para saber quen gañou, e para celebralo tod@s xunt@s na saída á Casa Museo Manuel María. Vaia planazo! A sección de persoas adultas reuniuse o xoves 11 pola tarde. Comentáronse as obras de lectura que pasaron de man en man dende decembro  ( Cartas a Lucilio , de Séneca;  A desaparición de Esme Lennox , de Maggie O'Farrell; Emigrantes , de Shaun Tan; Aromas , de Philippe Claudel) . Agora andan rodando Irene a porteira , de Xulia Pisón e Óscar Losada,  e, por suposto, os   Microrrelatos de terror e identidade  😍).    Quedamos de xuntarnos en xuño, e para daquela as propostas son: As alumna...

Imos contar un mito

Imagen
Decembro non deu moito repouso, pero no club de lectura fixemos un oco para falar dos mitos que cadaquén elixiu a partir de dúas antoloxías xuvenís e un libro ilustrado sobre mitoloxía grecolatina. E tamén para comentar o capítulo de ' Nivelando con los dioses ' que estaba pendente. Comentando distintos mitos a partir de textos 'clásicos' Xusto despois dos exames trimestrais, rematou o prazo da convocatoria de microrrelatos entrecruzados con Vilalba. Entre os dous centros, superouse o centenar de historias!  Roda de escrita creativa colaborativa para animar á participación E ben, agora toca parar e coller forza, porque xaneiro e febreiro veñen fortes: o roteiro literario na Coruña e o obradoiro de fanzines van dinamizar a actividade d@s habituais do club de lectura...

Arredor das palabras

Imagen
Rematou o curso coa II Feira de Proxectos , que ademais foi unha Xornada de Portas Abertas. Entre os distintos proxectos que foron presentados ao público estaba 'Arredor das palabras' , espazo no que alumnado colaborador da biblioteca e algunhas profes dos departamentos de linguas amosaron as distintas posibilidades lúdicas e creativas da lingua e a literatura.  O alumnado colaborador recibe a un dos grupos de visitantes José Fernández fala dos certames de Microrrelatos e Vilariñas Nora Tomé refire en que consistía 'O meu metro cadrado' Elba Sanmartín explicou a actividade do Día da Ilustración Panel resumo das actividades de creación realizadas este curso. Foi un excelente escaparate de actividades tan exitosas este ano como os certames de Microrrelatos e de Vilariñas.  Vilariñas gañadoras do IES Poeta Díaz Castro E o próximo ano, máis lecturas e escrita! Lede e creade moito no verán, biblioguitiricenses 😆 Helena Hang Fernández Quintela, Marta Pumares e Sara Basanta...

Marzo, esa vertixe...

Imagen
  Sumario de mes e medio a toda máquina: - Club de conversa en portugués . O alumnado de 1º BAC sacou os 'baralhos' á mesa... - Día de Rosalía . Veunos algo xusto, despois do Entroido, pero vaia... sen celebrar non quedou! Houbo estrelas para a poeta e recreacións cos seus versos. Acabouse o de ler sempre o mesmo poema! Alumnado de 3º ESO coas súas estrelas para Rosalía, proposta de Sandra e rapazada do clube de lectura, no recreo, compoñendo poemas con versos soltos de Rosalía Alumnado de ciclo medio e convidad@s: antes e despois de 'soldar' versos soltos de Rosalía -  Lecturas dos microrrelatos  de terror, dous recreos á semana. Rematamos as quendas de visitas dos autores/as o mércores 22 de marzo. Aquí tedes unha mostra dese percorrido lector colectivo. - E non baixamos en ritmo en abril ... que veñen as vilariñas!

Todo son contos

Imagen
Primeiro escribir e despois ler. Cada cousa ao seu tempo.  As autoras e os autores deste instituto están sendo convidad@s a participar nun encontro co público lector  para falar da súa creación.  Polo de agora houbo tres chamamentos, con moito éxito. A próxima semana seguiremos coas lecturas dos microrrelatos o luns e o xoves, no recreo. Aquí tedes un exemplo desta dinámica, coa gañadora do accésit de adultos. Hugo Sanmartín, accésit na categoría B, falounos do seu relato Aquí con María Gómez, 1º premio de adultas, e Marbelys Lara A sección de maiores do clube de lectura tamén se reuniu nestas datas para comentar o Tierra e A neta do señor Linh . Coma sempre, a xuntanza deu para bastante máis que falar de libros... grazas polo convite, Anabel! O clube de conversa segue dando que falar en portugués. Desta volta, non demos puntada sen fío! E aínda máis: o alumnado de FP Básica e do Ciclo Medio de soldadura animouse a escribir relatos a partir dalgúns debuxos de Cous...