Imos contar un mito

Decembro non deu moito repouso, pero no club de lectura fixemos un oco para falar dos mitos que cadaquén elixiu a partir de dúas antoloxías xuvenís e un libro ilustrado sobre mitoloxía grecolatina. E tamén para comentar o capítulo de 'Nivelando con los dioses' que estaba pendente.


Comentando distintos mitos a partir de textos 'clásicos'

Xusto despois dos exames trimestrais, rematou o prazo da convocatoria de microrrelatos entrecruzados con Vilalba. Entre os dous centros, superouse o centenar de historias! 

Roda de escrita creativa colaborativa para animar á participación

E ben, agora toca parar e coller forza, porque xaneiro e febreiro veñen fortes: o roteiro literario na Coruña e o obradoiro de fanzines van dinamizar a actividade d@s habituais do club de lectura...

Comentarios