Acudimos un ano máis a nosa cita coa música e a poesía no mercado de Guitiriz. O mércores 20 de maio, aproveitando o día de mercado, xuntámonos na praza do pobo alumnos e alumnas do instituto e do colexio de primaria, profesores e mestres, pais e nais e canto quixo pasar de gozar dun pouco de música e poesía para celebrar, cun pouco de retraso, o día das letras galegas. Arrancamos co son das gaitas dun grupo de alumnos da escola de música do concello e baixo un ceo que que apuntaba un chuvieira primaveral foron pasando polo escenario pequenos e pequenas de 1º de ESO e de quinto e sexto de primaria para recitar poemas de Baldo Ramos, Anxos Romeo, Enma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Marta Dacosta, Modesto Fraga, Luz Campello…A música correu a cargo do alumnado de música do instituto que interpretaron varios poemas de Díaz Castro compostos pola súa profesora Sandra Tenreiro: Vísperas, Noite no mundo, Coma unha espada , demais dun tema , Hei guiarte escrito e