Propostas das lectoras

TÍTULO: Chamábase Luís
AUTORA: Marina Mayoral
Luís é un home de trinta anos, fráxil. Pertence a unha familia modesta, e está enganchado ás drogas dende os vinte. Ten catro irmáns dos que un morreu por culpa das drogas, e os outros non queren saber nada de él, e dous fillos, Xoaquín e Mónica, de trece e oito anos, dos que non sabe nada. A súa vida é un camiño cara a morte a causa da súa drogodependecia. Vive do que arrepaña no alleo, e da súa nai Rosa, xa que non ten ningún de traballo nen ocupación ningunha.
Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación. Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado.
É un libro que pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da sida. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos víctimas dun dos maiores dramas do noso tempo.
Xeralmente recoméndollo a todos porque, aínda que sexades aventureiros ou fantásticos, trata moi ben a vida real de moitas persoas que “perden a vida sen matarse” e que nunn futuro, sobre todo as persoas que xa comezaron agora e que non deberían, pódenos axudar a previrnos do tabaco e por suposto das drogas.


Noemí Miraz Vázquez de 2º ESO

Comentarios