Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

O pracer de desescribir

Imagen
Biblio equipo KPACES. Biblio Poeta Díaz Castro 1º ESO Equipo Biblioteca Sairon así de contentos do Poeta Díaz Castro, para presentar no CEIP Plurilingüe de Lagostelle, as súas tres modalidades creativas de fanZine;    emocional, educativo e creativo. O biblio equipo KPACES Creativas e creativos de 1º da ESO , membros tamén da R adio Fábrica de Poetas, traballaron   a contra reloxo   para preparar un obradoiro de FANZINE “ Desescribindo  Fanzine”. A rapazada de 1º ESO, pasou d o perfil alumno ao perfil monitor , visitando o cole coa finalizade de invitar aos nosos compañeiros e compañeiras do Club de Lectura do C.E.I.P Plurilingüe de Lagostelle a despalabrase e desdibuxarxe, fanZineando. Letras brillantes debuxaban células, tarxetas de viaxes a países imaxinarios, historias e romanos, bicos e apertas plasmados nos fanzines, dedicados ao mellor curmá, a avoa ou a o irmán pequeno. Escribiron con faltas de ortografía, co...

De cinza e San Martiño: lecturas variadas

Imagen
  O 10  abril contamos coa presenza de Christian F. Caruncho, que veu tivo un encontro-obradoiro co alumnado do CL xuvenil. A partir da súa BD O día de San Martiño  aprendemos a xerar unha secuencia de narración gráfica. Foi todo un éxito. As persoas adultas engadimos esta última obra á que estaba pendente de comentar, Las cenizas de Ángela . A reunión fíxose o 15 de abril, e aproveitamos tamén para ir poñendo en común propostas de lectura. Polo de agora anda rulando de man en mana O corpo de Cristo , de Bea Lema. Desta vez a xuntanza foi algo menos escura que cando falamos dos libros de Paula Carballeira 😅, como podedes ver.

Ilústrame! ,álbum.

Imagen
ILÚSTRAME!, álbum. Un álbum ilustrado desde o descoñecemento pode parecer algo sinxelo de crear, mais a máxia que garda mesturando unha boa imaxe ou debuxo coa literatura, isto é de nivel creativo superior. O biblio equipo KPACES de 3 ESO A e B, 30 alumnos da materia de Proxecto Competencial , propuxéronse crear un álbum contando a súa experiencia no que levamos de curso a  partir dun punto; o punto da nosa cámara estenopeica, o punto no enfoque das fotos de Ruth Matilda Anderson, o punto do crochet, o punto e as liñas de Castelao e as puntadas do deseño nos traxes de Laura Villar.  Aqui conta o traballo en equipo, coñecer os elementos de cómic e os procesos de edición, unhas tarefas complexas que nos levan a respectar aínda mais as ilustradoras e deseñadoras de álbum, a xente creativa e a importancia das bibliotecas na difusión destes recursos. Xa vos contaremos si damos rematado este proxecto.