Ilústrame! ,álbum.


ILÚSTRAME!, álbum.


Un álbum ilustrado desde o descoñecemento pode parecer algo sinxelo de crear, mais a máxia que garda mesturando unha boa imaxe ou debuxo coa literatura, isto é de nivel creativo superior.
O biblio equipo KPACES de 3 ESO A e B, 30 alumnos da materia de Proxecto Competencial, propuxéronse crear un álbum contando a súa experiencia no que levamos de curso a  partir dun punto; o punto da nosa cámara estenopeica, o punto no enfoque das fotos de Ruth Matilda Anderson, o punto do crochet, o punto e as liñas de Castelao e as puntadas do deseño nos traxes de Laura Villar. 

Aqui conta o traballo en equipo, coñecer os elementos de cómic e os procesos de edición, unhas tarefas complexas que nos levan a respectar aínda mais as ilustradoras e deseñadoras de álbum, a xente creativa e a importancia das bibliotecas na difusión destes recursos.
Xa vos contaremos si damos rematado este proxecto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PARA QUE LES?

PARA QUE LES?

Memorias de Tristán Saldaña