Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Letras Galegas 2020

Cuestións Metafísicas con Carballo Calero

Imagen
CUESTIÓNS METAFÍSICAS CON CARBALLO CALERO. ACONTECEU NUNHA AULA DE MÚSICA VIRTUAL DURANTE  O ESTADO DE ALARMA A poesía intelectual de Carballo Calero de carácter metafísico, preocupada máis polo pensamento que polo sentimento, fío condutor do traballo audiovisual do alumnado de Música neste período de confinamento. Con este traballo convidámosvos a todos a unha reflexión sobre o tempo que estamos a vivir.   Algunhas das alumnas de Linguaxe e Práctica Musical participantes. Na aula de música do IES Poeta Díaz Castro, creabamos nas pasadas semanas de encerro   nas nosas casas, un novo escenario   no que deixar gravados os traballos xa iniciados a finais do segundo trimestre na materia de música. As fotos realizadas polo alumnado de 1º de Bacharelato para este fin, deron lugar, a unha curiosa exposición visual e poética,   reflexións inesperadas nestes tempos de confinamento. A música que acompaña este traballo é do noso veciño de Cospeito...