Este vindeiro venres, 4 de marzo, os alumnas de 2º ESO, Cristina Calvo, Carla Cancelo, Uxía López, e Isabel Saavedra, participaremos na Final Galega do concurso LIGAMATS , que se celebrará en Vigo, na sede da Fundación Barrié. A historia desta clasificación comezou a última semana de xaneiro cando se nos propuxo ao alumnado de ESO, asistir aos obradoiros IMATXINA que se realizarían, en sesión de mañá, o martes 16 de febreiro, para 1º e 2º de ESO, e o mércores, día 17, para 3º e 4º de ESO, na sede da Fundación Barrié na Coruña e, posteriormente pola tarde participar no concurso de Ligamats . So poderíamos participar dous equipos de catro persoas, cada un dos días, polo que o departamento de matemáticas decidiu que participarían aqueles e aquelas de nos que máis entrenaramos ata o día do concurso. Pola mañá foron os obradoiros, atendidas por monitores, había mesas, cada una con diferentes propostas: a mesa das calculadoras, a dos tangrams chineses, outra con espellos,… así