Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Algo pasa en Guitiriz

PREMIO OUFF ESCOLA

Imagen
Estamos de sorte, “ Algo pasa en Guitiriz ” levou o segundo premio no Festival OUFF Escola de Ourense.  Presentáronse máis de 70 traballos e despois de ver  a calidade dos finalistas estamos mías que satisfeitos de ter acadado este segundo premio. Satisfeitos xa estábamos polo que aprendemos facendo o traballo e polo ben que o pasamos, pero se ademais o traballo vese recoñecido con premios mellor que mellor.  A gala de entrega foi moi entretida e como xa dixen antes os videos finalistas están moi moi ben. Pol tarde, xa mais relaxados, aproveitamos para achegarnos ao PACC (Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las) onde comemos e, da man dos seus magníficos guías, aprendemos moito da cultura castrexa e tamén algo sobre a caza a prehistoria ou sobre como prender lume  sen mistos nin chisqueiro. Unha visita moi recomendable. Aqui tedes un resumo da xornada
Imagen
Este venres estivemos en Compostela na entrega de premios do Booktrailer film festival e así de contentos recibimos o premio na categoría de “Experiencias didácticas” por “Algo pasa en Guitiriz” E así o celebramos, cun xeado, que ía moita calor Gracias ao CPI O Cruce por contar con nos.

ALGO PASA EN GUITIRIZ

Imagen
O vídeo foi realizado nun obradoiro audiovisual con alumnado de 4º ESO dirixido por Cristina de la Torre e Santiago Dans no que participaron Anyeli Peguero, Rosandy Calderón, María Ansede, Uxía Sanjurjo, Mónica Filgueiras, Óscar L. Felpeto, Andrea Pérez, Aida Cobas, Zaira Sánchez, Iván Amenedo, Noemí Miraz, Irea Calvo, Zeltia Ferreiro, Thalía Fernández, Antía Sánchez e Lucía Campos GRACIAS POLO VOSO TRABALLO