Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día Muller Traballadora

Palabras de Muller

Imagen
          Aproveitamos o 8 de marzo para facer o noso, a promoción dos libros, de lectura. Na mostra Palabras de muller sacamos fora da biblioteca libros de escritoras. Non foi doado, pois case non temos sitio onde   poñelos. O departamento de orientación aportou a mostra “Mulleres na Historia” do colectivo 8 de Marzo do IES A Pontepedriña, facilitado pola Asemblea de Mulleres do STEG. A conmemoración deste día completarase   cunha charla Yolanda Castaño o xoves 15. Que non sabes a que ven todo isto, pois pincha aquí.

Mulleres Matemáticas: charla de Matilde Rios

Imagen
O xoves pasado, 17 de marzo, e co gallo da celebración do “Día da Muller Traballadora” a profesora Matide Ríos Fachal , impartíu a conferencia, dirixida aos cursos de 4º de ESO e BAC, titulada “As mulleres nas matemáticas”, na que nos mostrou parte da vida e obra de moitas das mulleres que axudaron ao progreso das  matemáticas ao longo da historia. Dos moitos momentos interesantes destacou a loita que tiveron que realizar para poder aprender, e ensinar, dado os  prexuicios que nos seus tempos había na sociedade referentes as posibilidades das mulleres nos estudos, fundamentalmente nos estudos universitarios. Destacou a importancia dos traballos de dúas mulleres galegas: María Antonia Ferrín Moreiras  e María Wonenburger .  

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Imagen

Dia da Muller Traballadora

Imagen
Este ano,con motivo do Día da Muller Traballadora estivo con nós Claudio Rodríguez Fer nun acto organizado polo ENL. Contounos o que lle motiva a escribir (entre outra cousas as mulleres) e leunos algúns poemas sobre mulleres: mulleres traballadoras, mestras, mulleres represaliadas na guerra civil... e ata algún dos seus primeiros versos escritos na súa infancia. Comentounos tamén a súa interpretación do Poema “Penélope” do poeta Diaz Castro.A charla estivo moi interesante e o final tivemos un pequeno e animado coloquio.