Ven a biblioteca, poderás atopar aventuras, amor, risas, dramas, piratas, alieníxenas, ciencia, indios, bagoas, novos mundos por explorar... Unha cova chea de misterios...atréveste!
jueves, 13 de mayo de 2010
PARA QUE LES?
Por que leo?
Son moitas as razóns para ler, pero por brevidade, sintetizareinas en dúas ambas igual de importantes:
1.- Leo por obriga, para formarme, para informarme, para enterarme do que pasa na realidade, para coñecer outros puntos de vista. Ler axuda a desarrollar unha visión máis crítica das cousas, axuda a PENSAR......
2.-Leo para disfrutar, a lectura permíteme desconectar da realidade e sumerxirme noutros mundos, coñecer e vivir outras vidas, viaxar a través do tempo, navegar o fondo do mar,...desde a comodidade do sofá. É FERMOSO LER, CADA LIBRO É UN UNIVERSO.
Un libro para ler:
¿ QUIéN SE HA LLEVADO MI QUESO? De Spencer Johnson
Trátase dun libro cortiño, que collín un día por casualidade nunha biblioteca para ver de que ía e leino alí mesmo dun tirón. Este relato, de título aparentemente infantil, fainos reflexionar sobre a necesidade de estar atento e adaptarnos os cambios na vida.
Spencer Johnson (doctor en Medicina e licenciado en Psicoloxía), a través desta preciosa fábula, pretende axudarnos na difícil arte de superar medos a tomar decisións, a resolver os nosos problemas, recoñecer os nosos fracasos e temores, a saber admitir e responder correctamente cando os nosos obxectivos non se cumpren.
Por todas esas ensinanzas tan interesantes e tan ben escritas, recoméndovos a súa lectura e espero que vos guste e podais recoméndalo de novo.
María Jesús Lourido, orientadora
miércoles, 12 de mayo de 2010
PARA QUE LES?
Leo porque é unha forma de me manter informado do que ocorre no meu mundo, e tamén do que pensan os demais. E leo porque ler transpórtame a un mundo alternativo a cabalo da miña imaxinación, guiándome a través de aventuras que dan sentido e ilusión á miña vida.
Recoméndovos que leades unha novela moi áxil e entretida: “Angeles y demonios”, de Dan Brown (non vexade -la peli sen ter lido antes o libro)
Enko Sertucha, profesor de educación física
Recoméndovos que leades unha novela moi áxil e entretida: “Angeles y demonios”, de Dan Brown (non vexade -la peli sen ter lido antes o libro)
Enko Sertucha, profesor de educación física
PASA QUE LES?
Tódolos libros son recomendables porque de todos se aprende; por destacar algún "El Camino" de Miguel Delibes e calquera das traxedias de Shakespeare.
Mª Carmen Fraga, profesora de inglés
PARA QUE LES?
Leo para que me sorprendan cousas descoñecidas e para non olvidarme das coñecidas".
Libro recomendado:"CONVIVIR" de Luis Rojas Marcos.
Ana María López, profesora de bioloxía
martes, 11 de mayo de 2010
PARA QUE LES?

Recomendo o Informe Lugano de Susan George.
María Xosé Fernández, profesora de xeografía e historia
PARA QUE LES?
Leo por necesidade , por curiosidade, para informarme ...
Libro recomendado :
A CELESTINA
lunes, 10 de mayo de 2010
PARA QUE LES?
Leo porque os libros son o meu produto psicodélico. Xa saben, os ‘hippies’ chamábanlle psicodélico ao que eles consideraban que lles aumentaba o campo da conciencia (Psicodelia, etimoloxicamente, é “o que manifesta a alma). Eles, para iso, empregaban as drogas. A min abóndame coa lectura. Desde ela entendo mellor o mundo e enténdome mellor a min. Unha vida, por intensa e interesante que sexa, é só unha. Cando nos embarcamos nun novo libro embarcámonos tamén nunha nova vida. Temos, ademais da propia, tantas vidas como libros lemos.
Marica Campo, escritora
PARA QUE LES?

Todas as anteriores son razóns máis que suficientes para invitar a todo o mundo a ler. Tería moitos libros para recomendar pero quizáis por ser un dos últimos e dos que mellores recordos teño e máis recientes diría: Los Pilares de la Tierra.
Sandra Freire, concelleira de Guitiriz
viernes, 7 de mayo de 2010
PARA QUE LES?
Leo por diversas razones que suelen depender del tipo de texto que estoy leyendo. Cuando leo un periódico, un artículo enciclopédico o una revista, lo hago por afán de conocimiento, para informarme acerca de lo que sucede en el mundo o para tener un conocimiento más exacto sobre algo que me interesa.Con la novela, el relato, el teatro o la poesía el deseo ya no es el de la pura información sino el de entrar en un universo diferente que me aleje por un momento de mi realidad y cotidianidad y me transporte hacia escenarios pertenecientes a otro espacio y/o otro tiempo donde pueda evadirme y entretenerme. En definitiva, y para ser breve, leo por satisfacción y por disfrute.
Recomiendo la novela La nariz de Edward Tremcom de Giles Milton. Ed.La factoría de ideas (2009). Una novela de historia, intriga oscura y...queso
Jacqueline López, profesora de francés
Recomiendo la novela La nariz de Edward Tremcom de Giles Milton. Ed.La factoría de ideas (2009). Una novela de historia, intriga oscura y...queso
PARA QUE LES?
PARA QUE LES?

Alba Vallo, 1º ESO

David Freire, 1º ESO

Óscar Hermida, 1º ESO

Eu leo para non me aburrir e para pasar un pouco o tempo. Eu recomendo el castillo de lora
Alex Castro, 1º ESO

Jose Manuel Dobén, 1º ESO
Eu leo para aprender cousas e saber novas palabras. O libro que recomendo é Simbad el Marino
Adrián Penas, 1º ESO
Eu leo para coñecer novas palabras. Recomendo “As bruxas”.
Manuel Vidal, 1ºESO
Yo leo porque me gusta, me entretengo y le doy usa a mi imaginación. A veces me gusta más el libro que la pelicula, como la del niño con pijama de rayas. Yo recomendaría "
Rubí Rodríguez
Yo leo para aprender como educar a mis perros por eso mi libro preferido es Perros:LAS RAZAS. Ahí aprendes todo lo que debes hacer para educarlos para que no sean agresivos
Diana Paz
jueves, 6 de mayo de 2010
PARA QUE LES?
Leo para informarme, para aprender, para entreterme. Pero da lectura que máis gozo é desa que fago sen présa, tirado á sombra dunha árbore nas calorosas tardes dos días do verán. Así, tanto me ten sentirme percorrendo 20.000 leguas dunha viaxe submarina que me mostra novas especies abisais, como meterme na complicada investigación dunha misteriosa desaparición nas terras dos faraóns, como participar nunha incruenta batalla interestelar. Porque o que me presta é ler... para soñar!
Lectura recomendada:
Lectura recomendada:
O vixía no centeo, de D. J. Salinger.
É unha novela curta que hai xa ben anos que lin, da que gardo grato recordo e que recomendo aproveitando que hai pouco que me volveu á memoria, cando vin nos xornais que seu autor, un clásico da moderna literatura estadounidense, morrera de vello tras unha azarosa vida.
É unha novela curta que hai xa ben anos que lin, da que gardo grato recordo e que recomendo aproveitando que hai pouco que me volveu á memoria, cando vin nos xornais que seu autor, un clásico da moderna literatura estadounidense, morrera de vello tras unha azarosa vida.
Quen se atreva, pode ler a versión orixinal: The Catcher in the Rye. Pero senón sempre queda a opción das traducións. Eu foi o que fixen, lin a versión na lingua propia desta terra, O vixía no centeo; aínda que tamén está dispoñible a versión en castelán, El guardián entre el centeno. En calquera caso, se ledes esta obra, desexo que tamén a vós vos guste.
Xosé Luis Cabarcos, profesor de economía
PARA QUE LES?
Nós lemos porque é unha forma distinta de pasar o tempo. Lemos porque che permite por un momento envadirte do mundo no que vives e somerxerte noutro mundo cunha historia e uns personaxes diferentes.
É outra forma de divertirse e tamén podes aprender cousas.
Nós recomendamos o libro de "Traición" porque é un libro que che mostra que o importante das persoas non é a apariencia física, senón o interior.
Tamén recomendamos "Domina" é un libro que vale a pena ler xa que fala sobre unha persoa que fai todo o posible para poder conseguir o seu soño.
Tania e Paula 4º A
Eu leo porque me gusta coñecer historias, aprender cousas e o paso ben lendo.
Recomendo ler "El juego del ángel" porque foi un libro que me gustou moito e é moi interesante.
Lidia 4ºA
PARA QUE LES?
Casi todos los libros que leo son porque los tengo que leer para el instituto. Lo bueno de la lectura es que tienes tu propia visión de los relatos, lo que da lugar a otra dimensión que no puedes conseguir con otras cosas.
A parte de eso no leo en exceso pero me gustan mucho los libros de Carlos Ruiz-Zafón.
Juan Carlos Currás 1BAC
Non me gusta leer demasiado e cando leo e porque me obligan no instituto. Eu recomendo un libro que me gustou moito: " El niño con el pijama de rayas.
Lucas Freire 1BAC
Leo para desconectar, para pasar un bo rato viaxando por mundos imaxinarios. Recomendo o libro "Los renglones torcidos de Dios" de Torcuato Luca de Tena.
Xoel gutiérrez 1BAC
A parte de eso no leo en exceso pero me gustan mucho los libros de Carlos Ruiz-Zafón.
Juan Carlos Currás 1BAC
Lucas Freire 1BAC

Xoel gutiérrez 1BAC
miércoles, 5 de mayo de 2010
PARA QUE LES?
A miña recomendación é unha obra de aquí escrita por un autor de aquí. Manuel Rivas escribiu “Os comedores de patacas” hai preto de 20 anos pero todos os temas que toca (adolescencia, drogas, accidentes de tráfico, a aldea, relacións familiares, a morriña ou a morte…) poderían trasladarse fácilmente ó día de hoxe. Os comedores das patacas é un libro suxerente, que invita a visualizar cada situación que reflicte e que provoca un sorriso cómplice, porque todo aquilo co que Rivas conta a historia de Sam, é coñecido.
PARA QUE LES?
Leo para sertirme recollida nunha historia, para entenderme e entender aos que me rodean, para sentir, emocionarme, para compartir no momento, e logo cando o comento...
Segundo van cambiando as vivencias vai cambiando o tempo de lectura, o tipo de lectura e os compañeiros de lecturas. Agora leo moito libro infantil, axúdame a descubrir moito dunha literatura marabillosa e que non lera. Evidentemente o meu compañeiro de lectuta é Álvaro, o meu neno de 7 anos. Pero leo moita literatura que comparto coas amigas, disfruto moito cos libros que recrean vivencias de mulleres na Historia, Ciencia e, sobre todo Filosofía. Necesitamos ler aquilo que da sentido ao que somos, descubrirnos, sentirnos, vivirnos nunha recreación de vidas e sentimentos doutras mulleres . E, tamén comparto lecturas con moitos amigos e amigas que gozamos das viaxes, por cerca e por lonxe, dende casa ou a miles de kilómetros.
Necesito ler para aprender e vivir cos demáis.
LECTURAS RECOMENDADAS:
Herba Moura de Teresa Moure en Editorial Xerais.
Outra idea de Galicia de Miguel-Anxo Murado en Editorial Debate.
Persépolis de Marjane Satrapi en Norma editorial
Olga Aguiar, profesora de filosofía
Segundo van cambiando as vivencias vai cambiando o tempo de lectura, o tipo de lectura e os compañeiros de lecturas. Agora leo moito libro infantil, axúdame a descubrir moito dunha literatura marabillosa e que non lera. Evidentemente o meu compañeiro de lectuta é Álvaro, o meu neno de 7 anos. Pero leo moita literatura que comparto coas amigas, disfruto moito cos libros que recrean vivencias de mulleres na Historia, Ciencia e, sobre todo Filosofía. Necesitamos ler aquilo que da sentido ao que somos, descubrirnos, sentirnos, vivirnos nunha recreación de vidas e sentimentos doutras mulleres . E, tamén comparto lecturas con moitos amigos e amigas que gozamos das viaxes, por cerca e por lonxe, dende casa ou a miles de kilómetros.
Necesito ler para aprender e vivir cos demáis.
LECTURAS RECOMENDADAS:
Herba Moura de Teresa Moure en Editorial Xerais.
Outra idea de Galicia de Miguel-Anxo Murado en Editorial Debate.
Persépolis de Marjane Satrapi en Norma editorial
Olga Aguiar, profesora de filosofía
PARA QUE LES?
Leo para divertirme, para sentirme bien, para enriquecerme culturalmente, para tener temas de conversación,..Tengo tantos motivos para leer que ¡soy una leona!.
Os recomiendo cualquier libro del desparecido Miguel Delibes, por nombrar uno, elijo "El Camino".
Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz
martes, 4 de mayo de 2010
PARA QUE LES?

Mi recomendación es "El capitán Alatriste" de Arturo Pérez-Reverte.
AS PELIS DE BIBLIO
Retorno al pasado é un dos cumes do cine negro. Homes duros, mulleres fatais, persoaxes contradictorios, humans, fascinantes e unha historia de mentiras, engaños e pasións. Maxistral direción de Jacques Tourneur e un reparto que mete medo:, Robert Mitchum, Jane Greer, Kirk Douglas, Rhonda Fleming. Non a deixes pasar, vaiche sorprender
lunes, 3 de mayo de 2010
PARA QUE LES?
Ángela 4ºA

O libro que recomendo é Crepúsculo, para min é un dos mellores libros que se pode ler.
Leo porque o necesito para o meu traballo. Leo porque me entretén moito no tempo de lecer. Leo porque me gusta saber o que pasa no mundo. Leo porque quero aprender. Leo libros, leo revistas, leo xornais, leo prospectos de medicamentos, leo etiquetas de alimentos, leo, leo, leo….
Como consello de lectura vouvos a recomendar ler calquera libro pero, iso si, cun lector de ebooks. É un soporte magnífico para a lectura, cómodo, práctico, económico e versátil e creo que vai a ser a principal forma de ler nun futuro próximo (ao fin e o cabo o importante é o que les e non tanto o formato no que o fas).
J. Segura, profesor de Bioloxía e Xeoloxía
Como consello de lectura vouvos a recomendar ler calquera libro pero, iso si, cun lector de ebooks. É un soporte magnífico para a lectura, cómodo, práctico, económico e versátil e creo que vai a ser a principal forma de ler nun futuro próximo (ao fin e o cabo o importante é o que les e non tanto o formato no que o fas).
J. Segura, profesor de Bioloxía e Xeoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)