O alumnado de 4º (de Primaria) do colexio Lagostelle tamen disfrutou a exposición de xornais do mundo . Algúns alumnos de 4º (da ESO) prestaronse a guiar polo noso centro ós máis pequenos. Podes ver máis fotos no Album de fotos do Blog
O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca
Xa ía sendo hora de retomar os nosos encontros... Nada mellor que unha pequena gran historia dun autor clásico, 'El corazón delator' de Edgar Allan Poe , para abrir unha nova xeira de lecturas compartidas en formato breve, agora que todo se mide tanto... os espazos, os tempos... os sorrisos que fican encubertos... A próxima xuntanza levaranos ás páxinas das Leyendas de Bécquer , tamén decimonónicas. Aquí nos tedes o pasado xoves... enmascarad@s e gardando distancia...
Comentarios
Publicar un comentario