
ILUSTRÍSIMA Carlos Casares A comezos do século XX, durante o mandato de Canalejas en plena restauración borbónica, nunha cidade pequena, chega por primeira vez o cinematógrafo. A parte máis conservadora da vila e máis o clero están totalmente en contra do cine porque pensan que é un invento do diaño cuxo único fin é alterar a decencia da cidade, e polo tanto, ten que ser prohibido. Pero no medio de todo o clero atópase un home, Fernando Fanego que é bispo e ao que todos se refiren como Ilustrísima, que é máis comprensivo e bondadoso que os que o rodean, a pesar de cumprir co estereotipo de cura ao que lle gustaba a bebida e a comida. Esta confrontación interna dábase tamén en certa medida no resto da sociedade, acusando o seu actual goberno como anticlerical ou liberal polos xornais “La Verdad” e “El liberal” respectivamente, estes eran leídos polo bispo a diario xa que a el gustáballe ter opinión propia, por iso, para valorar se o cinematógrafo era bo ou malo tivo que ir