Personaxes Misteriosas na BIblioteca Tempo de lectura e entroido
Personaxes Misteriosas na Biblioteca Non hai mellor maneira de coidarse que aprender cousas cun sorriso . E así o fixemos!. Na biblioteca este mes de febreiro o alumnado de 1º da ESO, perdeu a vergoña e mergullouse entre biografías curiosas e atopou personaxes especiais, homes e mulleres que fixeron importantes aportancións nas nosas vidas . Buscamos nos armarios da casa, e caracterizámonos; perrucas, collares, materiais deportivos, xoias de plástico...todo para falarlle aos compañeiros do centro das persoas curiosas que podes atopar, cando metes o nariz nun libro. Resultou ser unha actividade dinamizadora moi divertida para todos e sí, unha forma de demostrar que hai moitas maneiras de aprender e contar o que sabemos. Ademais si nestes tempos rimos un pouco, aínda mellor!. Un entroido diferente na biblioteca, pero un bó entroido!. Neste muro deixamos os enlaces a tódolos vídeos dos participantes . Podedes comentar o que máis vos gusta. Esta actividade é proposta dentro do proxec...