Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como I Certame de Microrrelatos

Todos os camiños levan a Vilalba

Imagen
Despois das convocatorias, veñen os premios ! E para dalos, houbo que xulgar as historias . Un motivo máis para encontrármonos na biblio... O martes 24 fíxose público o dictame dos xurados. Aproveitamos os microrrelatos que entrecruzamos co IES Basanta Silva para ir aló, entregar e recoller galardóns. Recibíronnos cun acto moi chulo, no que o alumnado do grupo de apoio á comunidade LTGBIQ+, "Malas herbas " leu un manifesto, e tamén houbo actuacións musicais e recital poético.  Velaí o alumnado e profesorado de Guitiriz que gañou algún premio, máis figurantes A rapazada de Guitiriz e Vilalba, ademais tivo ocasión de participar en varios obradoiros esa mañá, grazas á colaboración do alumnado de BAC do IES Poeta Díaz Castro. Toda unha experiencia... de libro! A Sabela, da biblioteca Agustín Fernández Paz, debémoslle esta pequena mostra   do que foi aquilo.   "Quen son?", obradoiro de linguaxe inclusiva "Zona de plaxios", obradoiro de recreación literaria ...

Fin de trimestre de medo

Imagen
Decembro foi terrorífico, nunca mellor dito. Pensaredes nos exames... pois non!  Onde ían xa... e despois da avaliación, comezou a vertixe da escrita para o I Certame de  Microrrelatos de terror (os nosos entrecruzaránse cos de Vilalba), no que alumnado e profesorado metían mooooito medo.  Neste mosaico apréciase tanto a fase de produción como a de posta en común Isto foi o ramo da biblio no 2022, onde houbo tamén neste trimestre club de conversa en portugués , hora de ler (cóntame un libro), e a xuntanza da sección de adultas do CL, onde os medos tamén atoparon oco.  A conversa tivo como motivo central o xadrez, o origami... Alumnado de 3º ESO presentando libros aos compañeiros Estes foron as primeiras  lecturas deste curso das lectoras veteranas, que puxeron en común, ademais de unha manchea de propostas, algúns dos seus medos para unha composición colectiva. En breve colgarémola neste espazo.  A seguinte xuntanza terá como referencias Tierra , de Eloy M...