Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Propostas de Biblio

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
Título: El impostor Autor: Javier Cercas En El impostor Javier Cercas relátanos a vida de Enric Marco, un home que pasou a súa vida formando parte da maioría, pero que a súa obsesión coa fama e por ser recoñecido levouno a modificar a súa biografía por completo, incluídos detalles insignificantes. Nesta reconstrución da vida de Enric Marco Batlle o autor somerxese nunha tarefa de investigación na que sofre numerosos altibaixos que lle producen dubidas sobre a publicación deste libro, aínda que finalmente Javier Cercas continúa e desenmascara e reconstrúe a vida deste metireiro compulsivo. Antes de 2005 Enric Marco era o presidente da Amical de Mauthausen e formara parte da cúpula da CNT, como bon supervivente do Holocauste e obreiro anarquista que fora toda a súa vida. Vida na que estaba destinado a ser recordade de nacemento , xa que nacera o 14 de abril de 1921, 10 anos antes da proclamación da Segunda República. Este tamén loitara na Guerra Civil, fuxira a Francia como a...

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Xa tardaban, non si? Pois agora non hai desculpa. Así que entre festas, comilonas, compras, familia, amigos … ben se pode buscar un ratiño para pásalo cun bo libro. Que non sabes que ler! aquí tes onde escoller. Se queres baixar o documento preme aquí

CLUB DE LECTURA

Imagen
TITULO: Fontan AUTOR: Marcos Calveiro EDITORIAL: Galaxia Neste trimestre un achegámonos a vida e obra de Domingo Fontán coa lectura libro de Marcos Calveiro sobre a súa vida. Na duas reunións que fixemos participamos 12 alumnas, 2 alumnos (desta vez polo menos animouse algún) e o profesor. Ao longo das e dúas sesións comentamos o libro, aclaramos as nosas dúbidas, aproveitamos as opinións e interpretacións dos outros  para ampliar a mellorar a nosa lectura e puidemos poñer en relación o que alí se nos contaba co que estudamos en clase. Estas son as opinións sobre o libro dalgunhas das lectoras Fontán é unha novela biográfica e histórica que ten como protagonista un ilustrado galego, o matemático e topógrafo Domingo Fontán (1788-1866), autor do primeiro mapa  topográfico e científico de Galicia. Nesta novela cóntase a vida do protagonista desde o seu nacemento en Porta do Conde ata a súa morte no balneario de Cuntis. Relátanse momentos da súa in...

MORREU IMRE KERTÉSZ

Imagen
Morreu Imre Kertész,   premio nobel de Literatura e un dos últimos supervivientes de Auschwitz. O alumnado de 1º de BAC do curso pasado achegouse a súa obra.   Teremos que repetir

propostas de nadal

Non esquezades que un libro sempre é un bo agasallo. Hainos para todos os gustos, pódenche levar a mil lugares e tempos por moi pouco diñeiro, son reciclables, ocupan pouco espacio... se non sabes cal regalar, aquí tes algunhas propostas Se queres baixar o documento pincha aquí

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
AUTOR: NEIRA VILAS, X. TÍTULO: MEMORIAS DUN NENO LABREGO Memorias dun neno labrego , é un libro no que che ensina como era a vida de fai uns cantos anos. A medida que  o vas lendo, baste dando conta de como cambiaron os tempos, xeralmente é un relato bastante triste pero aínda así precioso, eu recomendaríavos que o lerades. O que máis me gustou do libro é a valentía que demostra Balbino, o protagonista. El pensa que os adultos non o entenden nas súas cousas de nenos, por iso escribe nun caderno para desafogarse. O que menos me gustou foi o final, xeralmente nos libros ao final todo acaba ben, pero este é unha excepción, xa que neste relato, ao remate non é  que acabe moi ben. Outra cousa que me gustou é como o protagonista de opón ante a diferenza que había antes, xa que na antigüidade os ricos tiñan máis dereitos que os pobres simplemente polo feito de ser ricos. Creo que este libro é moi bonito e merece a pena lelo. Uxía López 2º ESO Gustoume porque é un libro...

lecturas para o outono

Imagen
  Despois da axitación do verán, é un bo momento para lecturas pausadas, recollidas, intimas, e se van acompañadas de boa música mellor. Aquí tes algunhas propostas, libros que non perden as follas

BO NADAL, BOAS LECTURAS

A LUS DO MUNDO

Imagen
Un poeta nace ou faise? Esta é unha das preguntas que os alumnos do instituto de Guitiriz tratan de responder neste documental sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, quen creceu rodeado das mesmas paisaxes que eles e se iniciou nos versos cando aínda era un rapaz, tamén coma eles. Mesturando entrevistas e poemas musicados, esta curta destaca a vixencia da obra de Díaz Castro e aporta unha mirada fresca sobre a poesía, como unha maneira de aferrarse ó mundo e sentirse vivo. Para saber máis pincha aquí             O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada “A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpr...
Imagen
Título: El capitán Alatriste Autores: Carlota e Arturo Pérez-Reverte Ilustracións: Joan Mundet Diego Alatriste é un soldado que participou nos Tercios de Flandes en época de Felipe IV, xunto co seu inseparable amigo Lope de Balboa. Este último morre en guerra e Alatriste debe coidar do seu fillo, Íñigo de Balboa, quen xunto a Francisco de Quevedo, entre outros, se encargarán de salvarlle a vida máis dunha vez por algunha conta pendente co temido inquisidor fray Emilio Bocanegra. É un libro cheo de aventuras e acción, ideal para coñecer a vida na España do século XVII. Aínda que cada personaxe me parece interesante pola súa faceta no libro, o que máis me gustou sen dúbida foi Francisco de Quevedo. Era un home que non tiña medo a proclamar todas as súas ideas e descontentos coa nobreza, e criticaba a Felipe IV en moitos dos seus poemas e sonetos, por iso a miúdo estaba encarcelado. Hai moitos momentos que me gustan do libro, pero os dous que máis destacaría serían estes: ...
Imagen
Título: Boabdil, el último rey de Granada Autor: Jorge de Barnola Colección: El Rompecabezas Boabdil es un niño que nace sabiendo que en un futuro será rey de Granada, último territorio español ocupado por los musulmanes. Los astrólogos de su reino dicen que él será el último rey de Granada, pero él no está dispuesto a que eso ocurra y hace todo lo posible por evitarlo. Este es un libro lleno de historia, intrigas y problemas de la época, como la ambición de los nobles por el poder. Si queréis saber más de la vida de este personaje tenéis que leer el libro. EVA FERNÁNDEZ PADERNE – 2º ESO A

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
T ítulo: Cruzada en “jeans” -Autora :Thea Beckman -Ilustradores: J. M. Navia e Yolanda Álvarez -Editorial: SM Este libro cóntanos a historia de Dolf, un rapaz do S. XXI que é teletransportado ao ano 1212. Alí vese inmerso nunha cruzada infantil na que vive aventuras inesquecibles e descobre verdadeiros valores que na súa vida real non vivía, entre os que destaca a amizade e a lealtade. Para sobrevivir todos teñen que coidar de todos, colaborar e ser solidarios. Paréceme moi recomendable porque ademais de estar ambientada na Idade Media e tratar diversos aspectos sobre esta época, exprésanse claramente valores, hoxe en día infravalorados, como a lealtade ou amizade dun xeito moi especial. Recomendo este libro porque descubriredes outra época coma se fósedes o propio personaxe. Eva Fernández Paderne – 2º ESO A- Nº 6

BO NADAL, BOAS LECTURAS

No folleto adxunto poderedes atopar algunas ideas. Libros variados, algúns deles eles cun formato que engade valor, pola coidada edición, polas ilustración ó propio texto e os fan especialmente axeitados para un agasallo. Todos eles cheos de imaxinación, poesía, drama, emoción… Recordade que o servizo de  préstamo  non é tan so para as alumnas e alumnos, é un servizo para toda a familia dende as revistas  ata as películas pasando pola música e todos os libros. Pódese consultar o catálogo  neste mesmo blog          Agradecemos suxestións sobre novas de literatura, cine,  música, ou páxinas web. É  unha colaboración que desexamos e agradecemos. Pódense dirixir o correo de Biblo: Biblioguiti@gmail.com Os nosos mellores desexos para que o próximo ano sexa un ano cheo de bens e de lecturas, de cine de música… Open publication - Free publishing - More bibliotecas

PROPOSTAS LECTORAS

Imagen
Título:   Mil cousas poden pasar. Autor:   JacoboFernández Serrano . Neda e Mercurín son dous irmás fillos do rei do mar, Pinto IV. Caen na conta de que se achega o aniversario de seu pai, e non teñen ningún agasalo. Non saben que poden regalarlle a un rei. Por outra parte, Lina e Pouco son dous rapaces. Lina é sorrinte e boa, e Pouco tímido, e mudo. Pouco forma parte da nova banda do pobo, pero un día, sen máis, desaparece. Lina desesperada, vive aventuras insólitas e emocionantes para atopalo, e finalmete atópao onde menos o espera... para saber o final desta aventura tedes que ler o libro. EVA FERNÁNDEZ PADERNE- 1º ESO  

PROPOSTAS DE BIBLO

No verán hai tempo para todo. Se non sabes que ler aquí tes alguhas propostas Open publication - Free publishing - More biblioteca

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Este ano celebramos as letras galegas no mercado. Si, si, no mercado. O mércores 16, día de mercado en Guitiriz, armámonos con gaitas, bombo, tambor, guitarras, bafles, cables, mesa de mezclas, cadeiras, unha chea de poesía e moi pouca vergonza e nos plantamos no medio da feira. Así mentres uns pregoaban as virtudes de polos, ovos, camisetas baratiñas etc. nos regalamos poesía e música. Poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Marica Campo, Álvaro Cunqueiro e Xosé María Diaz Castro. Un grupo  formado por alumnas de 3º de ESO (Voces:Yaiza, Tamara.Violín: Sandra) e acompañdas nas guitarras por alumnos de 4º de P.D.C dirixidos pola profesora Sanda Tenreiro interpretaron “Chove en Santiago” un poema en galego de Garcia Lorca (non traducido, escrito por el en galego) con música de Alberto Gambino e Penélope un poema de Xosé María Diaz Castro con música de Sandra Tenreiro. Por suposto non faltou o son da gaita cun estupendo cuarteto formado por alumnos de 1º de ESO. O sonido do...

AS PELIS DE BIBLO

Imagen
Agora que nos achegamos ó final de curso, haberá algún que se sinta coma Gary Cooper nesta peli Título: Sólo ante el peligro Director: Fred Zinneman Will Kane ( Gary Cooper) , sherif do pequeno pobo de Hadleyville, acaba de casarse coa moza Amy (Grace Kelly). Os acabados de casar proxectan trasladarse á cidade e abrir un pequeno negocio. De pronto, empeza a correr polo pobo a noticia de que o malvado Frank Miller (Ian MacDonald), un criminal que Kane atrapara e levara ante a xustiza, saíu do cárcere e chegará ao pobo no tren do mediodía para vingarse de Kane. O tempo vai pasando lentamente, pero ninguén no pobo está disposto a axudar ao sherif.                                                                        ( FILMAFFINITY )

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
Título: A filla do ladrón de bicicletas Autora: Teresa González Costa   Serafina e mais a súa bicicleta Celerífera van ser as protagonistas desta historia. É filla dun ladrón de bicicletas que a vai deixar ao coidado da tía Perfecta, muller, pola contra, moi imperfecta polos seus actos. Ten dous bos amigos cos que comparte bos momentos: Milo e Elías, e a súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera. Neste libro pódese apreciar o verdadeiro valor da amizade, o dano que poden causar as calumnias, a importancia da constancia e do esforzo… Sara Campos González 1º ESO A

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
Título: Vida y destino Autor: Vassili Grossman Una de las mejores novelas escritas sobre la Segunda Guerra Mundial, una obra maestra, una historia intensa y humana en la que aparte del componente histórico, destaca por la profundidad y la gran sensibilidad con la que se describe a los personajes, recogiendo las virtudes y miserias de los mismos, así como el sentimiento colectivo de una época. El heroísmo de los soldados rusos, la brutalidad de los nazis y la crítica al totalitarismo de Stalin son los principios teóricos que impregnan la obra. El autor denuncia las consecuencias a las que este sistema llegó, privando a las personas de sus derechos y sometiéndolas a humillaciones de toda clase. Grossman nos cuenta las verdades ocultas y realza las visibles, realiza un grito por la vida y por la libertad de todos. Es un libro difícil de leer, es una obra extensa y compleja, en cuanto al número de personajes e historias entrelazadas, pero creo que en general puede ser disfr...

POLA LECTURA NA ESCOLA

A biblioteca do IES Poeta Díaz Castro súmase ó manifesto a favor da lectura na escola realizado a raíz da proposta de Luis Arizaleta por profesores e mestres de toda España Si queres descargar o documento preme aquí Open publication - Free publishing - More biblioteca