DIA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano celebramos as letras galegas no mercado. Si, si, no mercado. O mércores 16, día de mercado en Guitiriz, armámonos con gaitas, bombo, tambor, guitarras, bafles, cables, mesa de mezclas, cadeiras, unha chea de poesía e moi pouca vergonza e nos plantamos no medio da feira. Así mentres uns pregoaban as virtudes de polos, ovos, camisetas baratiñas etc. nos regalamos poesía e música. Poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Marica Campo, Álvaro Cunqueiro e Xosé María Diaz Castro. Un grupo  formado por alumnas de 3º de ESO (Voces:Yaiza, Tamara.Violín: Sandra) e acompañdas nas guitarras por alumnos de 4º de P.D.C dirixidos pola profesora Sanda Tenreiro interpretaron “Chove en Santiago” un poema en galego de Garcia Lorca (non traducido, escrito por el en galego) con música de Alberto Gambino e Penélope un poema de Xosé María Diaz Castro con música de Sandra Tenreiro. Por suposto non faltou o son da gaita cun estupendo cuarteto formado por alumnos de 1º de ESO. O sonido do vídeo non é moi bo, pero vale de mostra do que fixemos.



Comentarios