PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 27 de septiembre de 2019

Comeza a actividade con Fraguas en Guitiriz


Exposición documental no IES Poeta Díaz Castro. 


“Os nove anos de Fraguas en Lugo”


Esta semana tivemos no noso instituto en Guitiriz, a exposición
“Os nove anos de Fraguas en Lugo” , que foi inaugurada o luns 23 coa presenza de 
Xulio Xiz, un dos que fora alumno do autor homenaxeado polo Día das Letras este ano.
As alumnas e os alumnos de 2º ESO B achegáronse hoxe a ela para saber máis sobre 
este personaxe, nunha actividade de formación documental.Gracias a Marisé que fixo posible esta estupenda idea para abrir o curso.



martes, 10 de septiembre de 2019

HORA DE LER.
CURSO 2019/20
PAUTAS de REALIZACIÓN
1.  A HORA DE LER; trátase de realizar 20 minutos diarios de LECTURA,  segundo o calendario do voso taboleiro, nun ambiente de aula tranquilo e respectuoso. NON é tempo de ESTUDAR OU PREPARAR DEBERES OU EXAMES. Si podedes aproveitar para ler as lecturas obrigatorias ou voluntarias.

2. Teredes unha BIBLIOCAIXA da que poder escoller as lecturas. Esta debe coidarse ao longo do trimestre, é traballo de tod@s.

3. SE CAMBIADES DE AULA NA HORA DE LER, o alumnado é responsable de levar consigo o libro de lectura para poder participar.

4. O alumnado que non participe deste tempo libre de lectura de forma correcta e respectando ao resto de compañeiros lectores, TERÁ QUE REALIZAR OUTRA TAREFA SE O determina PROFESOR/A DA AULA, para non molestar ao resto de LECTOR@S.


5. OS VENRES!!!MINUTO LIBRO!!. Tempo… tes un minuto para falarlles aos teus compañeiros/as dunha das lecturas que fixeches ou   na que estás metido.
TRAE O TEU LIBRO NA MAN E… ADIANTE… TES UN MINUTO!!
Podes presentar algo novo, aínda que non o teñamos na biblioteca ou nas bibliocaixas. Se queres podes preparar un GUIÓN e utilizalo para organizarte. Tamén podes GRAVAR UN VÍDEO DUN MINUTO no que os teus compañeir@s poidan ver o libro, e cóntalles algo… PERO NUNCA desveles os segredos… déixaos coas ganas de ler máis.
É outra forma de mellorar a túa nota de expresión oral!!

PARA CALQUERA SUXESTIÓN OU DÚBIDA estamos NA BIBLIO!




HORA DE LER curso 19/20     1º TRIMESTRE    
Des-conecta 20´
OUTUBRO
1ª HORA do LUNS 14 ao VENRES 18 (MINUTO LIBRO)
2ª HORA do LUNS 21 ao VENRES 25 (MINUTO LIBRO)
3ª HORA do LUNS 28 ao MÉRCORES 30 de Outubro

NOVEMBRO
4ª HORA do LUNS 4 ao VENRES 8 (MINUTO LIBRO)
5ª HORA do LUNS 11 ao VENRES 15 (MINUTO LIBRO)
6ª HORA do LUNS 18 ao VENRES  22 (MINUTO LIBRO)
1ª HORA do LUNS 25 ao VENRES 29 (MINUTO LIBRO)

DECEMBRO
2ª HORA do LUNS 2 ao 5 XOVES
3ª HORA do LUNS 9 ao VENRES 13 (MINUTO LIBRO)
4ª HORA do LUNS 16 ao VENRES 20 (MINUTO LIBRO) 
    



HORA DE LER 2ºTRIMESTRE


XANEIRO 
5ª HORA do MÉRCORES 8 ao VENRES 10 (MINUTO LIBRO)
6ª HORA do LUNS 13 ao VENRES 17 (MINUTO LIBRO)
1ª HORA do LUNS 20 ao VENRES 24 (MINUTO LIBRO)
2ª HORA do LUNS 27 ao VENRES 31 (MINUTO LIBRO)

FEBREIRO
3ª HORA do LUNS 3 ao VENRES 7 (MINUTO LIBRO)
4ª HORA do LUNS 10 ao VENRES 14 (MINUTO LIBRO)
5ª HORA do LUNS 17 ao VENRES 21 (MINUTO LIBRO)
6ª HORA do XOVES 27 ao VENRES 28 (MINUTO LIBRO)

MARZO
1ª HORA do LUNS 2 ao VENRES 6 (MINUTO LIBRO)
2ª HORA do LUNS 9 ao VENRES 13 (MINUTO LIBRO)
3ª HORA do LUNS 16 ao VENRES 20 (MINUTO LIBRO)
4ª HORA do LUNS 23 ao VENRES 27 (MINUTO LIBRO)
5ª HORA do LUNS 30 Marzo ao VENRES 3 abril (MINUTO LIBRO)




     HORA DE LER 3º TRIMESTRE
ABRIL
6ªHORA do MARTES 14 ao VENRES 17 (MINUTO LIBRO)
1ªHORA do LUNS 20 ao VENRES 24 (MINUTO LIBRO)
2ªHORA do LUNS 27 ao XOVES 30 de Abril

MAIO
3ª HORA do LUNS 4 ao VENRES 8 (MINUTO LIBRO)
4ª HORA do LUNS 11 ao VENRES 15 (MINUTO LIBRO)
5ª HORA do LUNS 18 ao VENRES 22 (MINUTO LIBRO)
6ª HORA do LUNS 25 ao VENRES 29 (MINUTO LIBRO)

XUÑO
*REVISIÓN DAS BIBLIOCAIXAS E DEVOLUCIÓN Á BIBLIOTECA
*DEVOLUCIÓN DOS LIBROS E OUTROS MATERIAIS 

lunes, 2 de septiembre de 2019


BIBLIOTECA Poeta Díaz Castro

 NORMAS XERAIS.
  • Na biblioteca debes manter unha actitude tranquila, respectando as tarefas que realizan outros compañeiros.
  •  Manter a orde é cousa de todos, así que deixa cada cousa no seu lugar deixando os espazos utilizados e materiais recollidos e limpos. Notifica calquera anomalía co encargado, para que poidamos facer un mantemento axeitado.
  •  Non podes comer o beber, faino antes de entrar, ou despois. Esta norma pode variar en grupos específicos como no club de lectura.
  •  Debes seguir as indicacións do profesor ao cargo e no caso de ausentarse este, as do alumno colaborador que queda ao cargo da biblioteca.
  •  Cada zona da biblioteca, ten unhas pautas, horarios e normas de uso para o alumnado, que poden variar en función das actividades. Antes de manipular os materiais, ordenadores e outros dispositivos e ferramentas, le atentamente as normas de uso e consulta as horas abertas ao uso xeral ou grupos específicos.
SERVIZOS
Lectura en sala e uso de materias informáticos e dixitais.
  • Desfruta  na biblioteca podes consultar os libros, revistas, escoitar música, traballar nos diferentes obradoiros,  pero antes de marchar deixa todo como o atopaches . A medida que vaian chegando novos materiais á biblioteca irémoste informando, pero sempre poderás ver as  novas adquisicións nos expositores da biblio, hall ou nos corredores.
  • Antes de utilizar os ordenadores, dispositivos móbiles de son ou audio, deberás informar ao encargado e seguir as pautas que se dan en relación a cada aparello. Si o profesor non te anota no seu libro de retirada de materiais, está prohibido sacar nada da biblioteca sen autorización.
EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS.
  • Podes levar libros, música, revistas (agás o último número), sempre previo o rexistro por parte do encargado da biblioteca. Deberás comunicar o teu número de lector e devolver o material segundo as pautas que te dan e que xeralmente serán nun período máximo de 15 días.
  • As lecturas obrigadas das programacións didácticas, serán devoltas con puntualidade e incluso antes do final do prazo (se fose posible), para axilizar a súa lectura entre os membros dun grupo.
  • Os familiares do alumnado e outros membros da comunidade educativa, poden realizar os seus empréstitos. No caso dos alumnos, estes faranse co nº de carné lector do alumno. Para o resto de persoal do centro e contorna, poden solicitar o seu número de carné na biblioteca, no horario establecido.
  • Senón devolves os libros ou os entregas en mal estado, pódese suspender o teu dereito de empréstito na biblioteca, ou tomar outras medidas. De tratarse de faltas graves  que impiden unha normal convivencia no centro, tomaremos medidas coa xefatura de estudos. A biblioteca pode solicitar incluso a reposición do libro, en función das circunstancias.
 NORMAS ESPECÍFICAS PARA O USO DOS ORDENADORES
  • Terá preferencia no uso dos ordenadores, o alumnado que o precisa  traballar e editar tarefas e estudar. O alumnado que quere facer uso do ordenador para xogar, deberá rexistrarse como xogador, para levar control das horas mensuais de xogo, dentro do plan "Desconecta".
ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA
  • A biblioteca está na actualidade en proceso de cambio. En breve publicaremos as diferentes zonas de traballo individual, investigación grupal, club de lectura e obradoiros activos.
Mentres tanto, xa podedes acceder ao resto de materiais seguindo as indicacións das CDU. Ante calquera dúbida, pide axuda ao profesor encargado e alumnado colaborador.
  • A C.D.U e a Clasificación Decimal Universal; en cada estante os libros colócanse por orde alfabética. Unha parte dos libros xa levan no seu lombo unha etiqueta coma esta que che axudará a localizar o libro na biblioteca:
Exemplo:
JN (Literatura Juvenil)
SIE (1º apelido do autor; Sierra
ase (sen determinantes, a primeira palabra do título.
Pide na biblioteca a guía coas CDU que temos activas.
Debido a última reforma realizada xusto antes do confinamento non temos o plano da biblioteca actualizado.