Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Rosalía de Castro

Dous por un: Rosalía e Día da Poesía

Imagen
O mércores 25 voaron os versos de Rosalía de Castro e outras autoras e autores na nosa biblio, nun recital organizado polo Club de Lectura . Aproveitamos para presentar á autora de Padrón coas palabras de Begoña Caamaño en Rosalía pequeniña , pero tamén tiveron espazo poemas de X. M. Díaz Castro, o Colectivo Poético Rompente, Pura Vázquez, Marica Campo, Ramón Cabanillas e un texto de Paula Carballeira con acompañamento musical.  Alumnado do Club de Lectura durante esta actividade Á volta, reactívase o Club de Escrita, mércores e martes alternos!

Clubs de lectura diversos

Imagen
A andaina de lecturas e postas en común segue aos poucos. A sección de poesía (alumnado de BAC) tivo unha reunión o 12 de marzo, na que se cuestionou que era poesía e que non, ademais de achegarse á obra de Xela Arias .   Este ano o departamento de inglé s, entre outras actividades dinámicas nos recreos, promoveu un clube de conversa  para alumnado e profesorado sobre distintos aspectos da cultura da India , de onde vén Prachi, a auxiliar de conversa. Entre outras cuestións abordouse a situación da muller, as crenzas e tradicións, o sistema de castas, a arte (danza, arquitectura, música...) e mesmo se puxo en relación a Rosalía de Castro e a Rabindranaz Tagore... Canto proveito tiramos destes pequenos tempos de lecer! Distintas sesións do clube de conversa en inglés. Grazas Prachi e Sabela 😄, por achegarnos á India E isto non é todo, amig@s... xa vos iremos contando, que vén maio de versos cuberto!