Clubs de lectura diversos

A andaina de lecturas e postas en común segue aos poucos. A sección de poesía (alumnado de BAC) tivo unha reunión o 12 de marzo, na que se cuestionou que era poesía e que non, ademais de achegarse á obra de Xela Arias. 





Este ano o departamento de inglés, entre outras actividades dinámicas nos recreos, promoveu un clube de conversa para alumnado e profesorado sobre distintos aspectos da cultura da India, de onde vén Prachi, a auxiliar de conversa. Entre outras cuestións abordouse a situación da muller, as crenzas e tradicións, o sistema de castas, a arte (danza, arquitectura, música...) e mesmo se puxo en relación a Rosalía de Castro e a Rabindranaz Tagore... Canto proveito tiramos destes pequenos tempos de lecer!

Distintas sesións do clube de conversa en inglés. Grazas Prachi e Sabela 😄, por achegarnos á India
E isto non é todo, amig@s... xa vos iremos contando, que vén maio de versos cuberto! 


Comentarios