Entradas

Contos por palabras e outros

Imagen
  O CL volveu ás andadas este curso. A sección de adultas comentou as lecturas de verán: As torres abolidas  de Xosé Miranda (recomendación de Marica Campo) e Beleza vermella de Arantxa Portabales   (proposta dunha nai) en setembro. Os seguintes libros son O povo improvisador de Séchu Sende e La mala costumbre , de Alana S. Portero. A rapazada  tivo un par de xuntanzas para comentar volumes de Mafalda, esa nena grande que acompañou varias xeracións de lectores/as. Agora andamos con Contos por palabras , aproveitando que dán para ler e para escribir historias.  En breve faremos o recital en homenaxe ás escritoras, centrado en Begoña Caamaño: outubro non deu para máis. De esquerda a dereita: Contos por palabras para escribir e para comentar, e xuntanza de adultos.

Anticipándonos a un verán de libros

Imagen
  Chega xuño, e toca ir rematando, para recibir o verán libres de ocupación. A rapazada xuntouse o 28 de maio e o 19 de xuño para poñer en común a travesía do club de lectura deste ano e facer propostas para o vindeiro ano, tanto de lecturas como de actividades. Recordatorio das lecturas debulladas neste curso A sección de persoas adultas tamén fixo unha última reunión, o 17 de xuño, para comentar -en xeral- o percorrido lector deste ano e escoller as obras para o verán: As torres abolidas , de Xosé Miranda e Beleza vermella , de Arantza Portabales foron os elixidos, aos que se engadiron xa outros oito libros para adentar a partir de setembro.

KPACES e Punto. A tipografía solar.

Imagen
KPACES e  punto .  A tipografía solar. Lembrades que aló polo mes de novembro, deixabamos o noso punto de partida, en diferentes lugares de Guitiriz e arredores. Eran as nosas cámaras estenopeicas. Onte pechabamos este proxecto que nos lembraba que non todas as fotos son instantáneas e de consumo rápido. Este estenopo recolleu o movemento solar; unha solarigrafía que nos deixa claro como escribe o sol no ceo en diferentes lugares de Guitiriz e Galicia.  O proxecto foi levado a cabo polo alumnado de 3º ESO do biblio equipo kPACES, coordinado pola profesora Sandra Tenreiro.

Constelacións. Puntos de lectura para a veciñanza

Imagen
Abril e maio viaxando polas Contelacións lectoras. O biblio equipo KPACES,  tivo moito traballo nesta tramo final de curso. Xa tocaba revisar as Constelacións; puntos de lectura para á veciñanza da Biblio do Poeta Díaz Castro. Novos pedidos, novos lectores... Na ferretería de Amador; sempre atopamos a Ana cun sorriso; comentounos que temos por alí un par de lectoras que teñen peticións feitas. Pasarémonos nestas semanas para renovar os recursos do punto lector da Ferretería de Amador. Biblio Equipo 1º ESO no Café  Bar " O Recreo". Parga. Punto lector. Ferretería de Amador. Tivemos a oportunidade de irnos a Parga para visitar tamén o punto lector " Bar o Recreo". Alí con Fernando ademais de tomar un delicioso café, pode escoller unha lectura e disfrutar na súa terraza lendo e se che presta, anotarte nos cadernos e levar o préstamo para casa. Tamén temos alí peticións dalgúns veciños.  En nada enviámolos!. Biblio Equipo 1º ESO no Café  Bar ...

Coa pluma na man. Club de escrita

Imagen
  O interese na creación de textos concretouse en tres encontros para a escrita ; este ano houbo menos alumnado porque entre exames e saídas extraescolares, cara ao final de curso complícase moito para dar posto día de xuntanza. Fixemos o que puidemos, e finalmente as tradicionais quedadas de escrita foron o 8 e o 24 de abril, e o 14 de maio. Para o ano haberá máis ocasións para botar a voar a imaxinación, seguro. Queda pouco, pero aínda habemos quedar para algo máis, en breve!

KPACES creativos en Parga

Imagen
KPACES CREATIVOS  OBRADOIRO no  CEIP Santo Estevo de PARGA. O biblio equipo KPACES creativos de 1º da ESO,  levou o seu obradoiro creativo de FANZINE ao cole de Parga. A finalidade principal, visitar aos nosos veciños de Parga e xa de paso, pasar unha mañá xuntos creando. O alumnado da bilioteca do Poeta Díaz Castro, mudou a perfil monitor con todas as responsabilidades que iso acarrea e puxo a andar un obradoiro triple de fanzines creativos; emocianal, educativo e conto. Traballaron moito,  monitores e rapazada de Parga, descubrimos verdadeiros artistas; escritoras, deseñadoras e conta contos express. Velaí tedes exemplo dalgúns dos moitos traballos desta xornada. Grazas por acollernos!. Volveremos con novas ideas!.    

O pracer de desescribir

Imagen
Biblio equipo KPACES. Biblio Poeta Díaz Castro 1º ESO Equipo Biblioteca Sairon así de contentos do Poeta Díaz Castro, para presentar no CEIP Plurilingüe de Lagostelle, as súas tres modalidades creativas de fanZine;    emocional, educativo e creativo. O biblio equipo KPACES Creativas e creativos de 1º da ESO , membros tamén da R adio Fábrica de Poetas, traballaron   a contra reloxo   para preparar un obradoiro de FANZINE “ Desescribindo  Fanzine”. A rapazada de 1º ESO, pasou d o perfil alumno ao perfil monitor , visitando o cole coa finalizade de invitar aos nosos compañeiros e compañeiras do Club de Lectura do C.E.I.P Plurilingüe de Lagostelle a despalabrase e desdibuxarxe, fanZineando. Letras brillantes debuxaban células, tarxetas de viaxes a países imaxinarios, historias e romanos, bicos e apertas plasmados nos fanzines, dedicados ao mellor curmá, a avoa ou a o irmán pequeno. Escribiron con faltas de ortografía, co...