Maio de letras cantareiras, pero tamén de escrita e lectura.
Onte houbo a última quedada literaria deste curso. Aínda que se nos botou enriba o tempo e non deu para facer a saída prevista co alumnado de Vilalba, completouse o programa de escrita nos tempos de lecer. Desta volta, o que se pautou foi o xénero.
E finalmente, despois de varias posposicións por problemas de calendario dos participantes (unha parte alumnado de 2º BAC), celebrouse a xuntanza para comentar Novela de xadrez. Acompañounos Jairo, profe de historia.
Tamén a poesía tivo oco estes días: as múltiples posibilidades deste xénero están exemplificadas cunha pequena mostra das Pílulas curativas que fixeron este ano nun proxecto conxunto do Convervatorio e a EOI de Lugo.
Un poema e unha melodía dialogan entre si para contribuír á saúde emocional... Pasade pola rebotica botar un ollo ou levar algunha destas pílulas sanadoras!
Veña que xa logo vai!
Comentarios
Publicar un comentario