Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

CREAcción Día do Libro 2021 Cap. 2 " Ollo ao dato"

Imagen
CREAcción da curta  " Ollo ao dato" Cap. 2 Como tiñamos prometido, hoxe estreamos o Cap.2 da serie " Non todo é branco ou negro" (cine mudo) titulado "OLLO AO DATO" . Se o anterior capitulo, publicado o 13 de abril no blog, foi adicado a unha reflexión sobre a biblioteca que queremos ter e a importancia de facer que sexa un punto de encontro  e diversidade atendendo as necesidades dos seus usuarios, nesta segunda entrega, facemos referencia a inclusión e atención a alumnado con necesidades específicas. Neste  2º capítulo o alumnado do segundo curso da ESO do grupo B, conta a historia dunha rapaza a que lle gustan as matemáticas pero como  ten problemas coa súa agudeza visual, precisará a axuda do noso Charles Chaplin; un compañeiro empático que busca recursos para poder axudala. Novamente toda a música utilizada forma parte dos recursos que temos na nosa biblioteca, un xeito ameno de achegarse a coñecer e entender diferentes estilos. No cap. 1 "

CREAcción Día do Libro 2021 " Isto non é unha biblioteca"

Imagen
  Isto non é unha biblioteca   Abril 2021, reflexións para o Día do Libro Isto non é unha biblioteca . O alumnado de 2º da ESO, na materia de música, estivo traballando o cine mudo e as posibilidades da linguaxe musical para expresar mensaxes e diferentes emocións, sen o recurso do diálogo . Estes alumnos que viviron o curso pasado o confinamento lonxe dos compañeiros e sen convivir na súa biblioteca, tiñan agora unha misión, coñecer a súa biblioteca e enviar unha mensaxe ao resto de compañeiros. Que ofrece este espazo ou que queremos ofrecer. O que foron as bibliotecas e o que queremos que sexan. Como transformala e que aspectos debemos ter en conta.  Este traballo audiovisual  que fixeron, forma parte dunha serie que chamamos  " NON TODO É BRANCO OU NEGRO" .  Reflexións sobre a diversidade, igualdade e inclusión  nas aulas e tamén na biblioteca escolar. Esta proposta fixo que se mergullaran neste espazo e que reflexionasen sobre a biblioteca que queren ter ao tempo que