Isto non é unha biblioteca
Abril 2021, reflexións para o Día do Libro
Isto non é unha biblioteca. O alumnado de 2º da ESO, na materia de música, estivo traballando o cine mudo e as posibilidades da linguaxe musical para expresar mensaxes e diferentes emocións, sen o recurso do diálogo . Estes alumnos que viviron o curso pasado o confinamento lonxe dos compañeiros e sen convivir na súa biblioteca, tiñan agora unha misión, coñecer a súa biblioteca e enviar unha mensaxe ao resto de compañeiros. Que ofrece este espazo ou que queremos ofrecer. O que foron as bibliotecas e o que queremos que sexan. Como transformala e que aspectos debemos ter en conta.
Este traballo audiovisual que fixeron, forma parte dunha serie que chamamos " NON TODO É BRANCO OU NEGRO". Reflexións sobre a diversidade, igualdade e inclusión nas aulas e tamén na biblioteca escolar. Esta proposta fixo que se mergullaran neste espazo e que reflexionasen sobre a biblioteca que queren ter ao tempo que descubren recursos que poden utilizar nos seus proxectos. Esta curta titulada " Isto no é unha biblioteca",intencionadamente imperfecta na súa creación, dará pé ao debate posterior en aula cunha pregunta clave aos espectadores que pecha a escena final.
Lecturas na natureza no mes de Abril |
Ademais desta reflexión que deixamos aberta, neste mes de abril, mes do libros, estanse a realizar outras actividades complementarias; como as andainas e Lecturas na natureza (proxecto de centro O coidado). e ademais teremos a visita sorpresa dalgún autor ou autora. Estade atentos ao noso blog!
Comentarios
Publicar un comentario