Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021
Imagen
 Rosalía e a Lingua Materna. Conmemoración no IES Poeta Díaz Castro Unhas semanas cheas de reflexións a través da obra e a persoa. Días conmemorando e recollendo as aportacións e inspiracións de alumnado e profesorado para facer grande esta Festa da Lingua. Alumnado de 4º ESO FP Básica e 4º ESO O pasado 24 de febreiro cumpríronse 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Esta  data ten un estreito vínculo co 21 de febreiro, en que se celebra o Día da Lingua Materna  establecido pola UNESCO desde o 2000.  Alumnado de 3º da ESO Para pór en valor as linguas, a súa riqueza e respecto pola diversidade cultural, para alén de resaltar a figura desta escritora, que foi precursora no uso da súa lingua materna na súa escrita, o alumnado e profesorado do centro decidimos ler e recitar textos, poemas e versos dalgunhas obras de Rosalía de Castro en varias linguas: galego, castelán, inglés, francés, hindi, alemán e portugués.   O profesorado recitando activamente en diferentes línguas.  Tamén fi

Retos matemáticos. Math Quiz O epicentro da biblioteca

Imagen
  O epicentro da biblioteca MATH QUIZ Un ano máis, no tempo de lecer, só os máis astutos resolven os enigmas propostos polo profesorado do departamento de matemáticas que colabora coa biblioteca activamente. Achégate a este epicentro matemático e descubre as novidades matemáticas. Si ademáis tes a mente despexada, intenta resolver algún enigmatemático. Así andan as puntuacións!!