Rosalía e a Lingua Materna.
Conmemoración no IES Poeta Díaz Castro

Unhas semanas cheas de reflexións a través da obra e a persoa. Días conmemorando e recollendo as aportacións e inspiracións de alumnado e profesorado para facer grande esta Festa da Lingua.



Alumnado de 4º ESO


FP Básica e 4º ESO


O pasado 24 de febreiro cumpríronse 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Esta 
data ten un estreito vínculo co 21 de febreiro, en que se celebra o Día da Lingua Materna 
establecido pola UNESCO desde o 2000.


 Alumnado de 3º da ESO


Para pór en valor as linguas, a súa riqueza e respecto pola diversidade cultural, para alén de resaltar a figura desta escritora, que foi precursora no uso da súa lingua materna na súa escrita, o alumnado e profesorado do centro decidimos ler e recitar textos, poemas e versos dalgunhas obras de Rosalía de Castro en varias linguas: galego, castelán, inglés, francés, hindi, alemán e portugués. 


 O profesorado recitando activamente en diferentes línguas.

 Tamén fixeronse divertidas versións e mesmo novas creacións inéditas sobre algún poema ou fragmento.



O alumnado recitando en Francés





E seguimos ...

Tedes todos os vídeos na canle de you tube da Biblioteca Poeta Díaz Castro.





Todo o traballo visual e creativo no hall do centro.








 


Comentarios