Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Música

CREAcción Día do Libro 2021 " Isto non é unha biblioteca"

Imagen
  Isto non é unha biblioteca   Abril 2021, reflexións para o Día do Libro Isto non é unha biblioteca . O alumnado de 2º da ESO, na materia de música, estivo traballando o cine mudo e as posibilidades da linguaxe musical para expresar mensaxes e diferentes emocións, sen o recurso do diálogo . Estes alumnos que viviron o curso pasado o confinamento lonxe dos compañeiros e sen convivir na súa biblioteca, tiñan agora unha misión, coñecer a súa biblioteca e enviar unha mensaxe ao resto de compañeiros. Que ofrece este espazo ou que queremos ofrecer. O que foron as bibliotecas e o que queremos que sexan. Como transformala e que aspectos debemos ter en conta.  Este traballo audiovisual  que fixeron, forma parte dunha serie que chamamos  " NON TODO É BRANCO OU NEGRO" .  Reflexións sobre a diversidade, igualdade e inclusión  nas aulas e tamén na biblioteca escolar. Esta proposta fixo que se mergullaran neste espazo e que reflexionasen sobre a biblioteca que ...

"Volverán esos momentos" Gracias Aula música Díaz Castro- Ele

Imagen
  Tempos de coidar dos que coidan de nós. Enlace ao tema musical no noso canal de You tube Este ano O COIDADO, é a temática sobre a que reflexionamos a nivel de proxecto xeral no centro. A importancia de pararnos  e pensar nos que nos coidan día a día. Valorar o traballo destes colectivos que nestes tempos de pandemia, axudan facendo cousas extraordinarias. Na aula de música, fixemos un arranxo vocal e instrumental, sobre o tema "Volverán esos momentos" de Ele,  para mostrar o noso sinceiro agradecemento. Esta vez dirixido especialmente aos compañeiros do equipo de limpeza do noso instituto. Grazas.  

MENSAXES RÍTMICAS Motivación e ánimo ao ritmo das nosas mans

Imagen
MENSAXES RÍTMICAS MOTIVACIÓN E ÁNIMO AO RITMO DAS NOSAS MANS. A un mes da celebración do DÍA MUNDIAL DA MÚSICA, o alumnado  do I.E.S Poeta Díaz Castro, lanza unha mensaxe urxente a golpe de compás de catro por catro, cun tema esencialmente rítmico: "As apertas volverán". Traballando   desde as súas casas, desde a aula de música virtual,   envían o impulso e forza aos seus compañeiros, familiares e amigos , falando da importancia de traballar en equipo, de seguir as mesmas pautas e ritmo para vencer os momentos difíciles que estamos a vivir. O traballo rítmico coas súas mans , realízase sobre a melodía dun coñecido tema da artista Adele, "Rolling in the deep". Agardamos que esa forza coa que marcan o ritmo coas súas mans, envíe unha carga de enerxía positiva.  E como ben contan nesta creación;  "CANDO MENOS contes, AS APERTAS VOLVERÁN".

Outras Linguaxes; a danza, a música e o circo

Imagen
Aprendendo outras linguaxes no Teatro Principal de Santiago INVOLUCIÓN, a obra de Alfredo Muíño Deixamos a noticia e impresións por dun dos nosos alumnos Rodri Pumares de 3º da ESO . INVOLUCIÓN Teatro, danza e Circo O luns  10 de febrero, os alumnos e alumnas de música do IES Poeta Díaz Castro estivemos no Teatro principal de Santiago para ver a obra “INVOLUCIÓN” O bailarín e artista de circo Alfredo Pérez Muiño, interpreta a historia da humanidade mediante  danza, música e xogos malabares. Unha obra alucinante! Por Rodri Pumares; alumno en escolarización combinada co CEE de Lugo . A gora que os alumnos de Música do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, estamos nas nosas clases con Sandra Tenreiro en pleno proceso creativo , dun proxecto escénico no que cada un de nós vai migrando a unha nova etapa da vida, no que vamos coñecendo as posibilidades expresivas da nosa voz e o noso corpo, dos nosos xestos e o potencial expresivo en sincronización co...