Historias que contar.
A transición e reforma da nosa biblioteca coa presenza de Eva Mejuto Aquí podedes ver o encontro con E va Mejuto na nosa biblioteca en obras . Foi o espazo perfecto para falar do tránsito do personaxe de 22 segundos , a obra de Eva Mejuto que leu o alumnado do club de lectura e 3º ESO. A autora pontevedresa mantivo primeiro un pequeno encontro co profesorado da sección de adultos do Club de Lectura: achegounos parte do material que empregou para documentarse en relación coa historia das irmás Touza en Rivadavia e falounos do proceso de creación de Memoria do silencio. Club de Lectura e alumnado de 3º ESO Logo tocoulle a quenda á rapazada, que tivo a oportunidade de escoitar como xurdiu a historia de Xela-Álex ata converterse en 22 segundos e de preguntarlle á nosa convidada todas as cuestións que lle suscitou a lectura desta obra. Ademais, descubriron que xa está escribindo unha segunda parte... tomamos nota para incorporala aos fondos da nosa biblioteca en