Historias que contar.


A transición e reforma da nosa biblioteca 

coa presenza de Eva Mejuto

Aquí podedes ver o encontro con Eva Mejuto na nosa biblioteca en obras. Foi o espazo perfecto para falar do tránsito do personaxe de 22 segundos, a obra de Eva Mejuto que leu o alumnado do club de lectura e 3º ESO.


A autora pontevedresa mantivo primeiro un pequeno encontro co profesorado da sección de adultos do Club de Lectura: achegounos parte do material que empregou para documentarse en relación coa historia das irmás Touza en Rivadavia e falounos do proceso de creación de Memoria do silencio. 

Club de Lectura e alumnado de 3º ESO


Logo tocoulle a quenda á rapazada, que tivo a oportunidade de escoitar como xurdiu a historia de Xela-Álex ata converterse en 22 segundos e de preguntarlle á nosa convidada todas as cuestións que lle suscitou a lectura desta obra. Ademais, descubriron que xa está escribindo unha segunda parte... tomamos nota para incorporala aos fondos da nosa biblioteca en canto saia publicada!






Comentarios