DIARIO DE ALERTA V
Estes días veu visitarnos a choiva , petando nas fiestras unha e outra vez, algo inqueda por non atoparnos nas rúas, coma tantas outras veces... E foi un pracer escoitala, coa súa mensaxe de liberdade mentres esperamos algún permiso de saída. Xa queda menos. Por agora, o incerto camiño echéganos novas propostas de lecer: O Alarmazo , de Ana Moreiras (podédela seguir no facebook) Libro (2006) e película (2009) Entre les murs , de François Bégaudeau (2006) tamén en dobre versión, libro e filme . Igual vos soa de algo a ambientación deste relato tan irreverente coma a súa linguaxe. La cabina , Antonio Mercero (1972). Moito antes de que Hollywood descubrise a claustrofobia deses espazos, xa estaba fe...